¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de pintura "A MIRADA EXTENSA", de Isabel Pintado

Ata o 29/06/2018
AZUL ATLÁNTICO - Mixta lenzo - 30 x 30 cm.

A pintora, madrileña de nacemento e coruñesa de adopción, presenta unha selección de paisaxes, nas que demostra o seu coidado oficio. Ao contrario que noutros traballos anteriores, onde o realismo abríase camiño a través do pincel da artista, nesta ocasión penetra na abstracción máis pura. Non representa a paisaxe en si, senón a súa transformación, a pegada que deixa na memoria despois de ser contemplado.

Poderá visitarse ata o 29 de xuño en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

xuño 2018

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Non hai eventos programados próximamente.

Actualidade

A escritora coruñesa Begoña Peñamaría presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Las horas no contadas"

O editor Basilio Cañada, o escritor e crítico literario Vicente Araguas, a escritora e deseñadora Begoña Peñamaría, o expresidente do Consello de Estado José Manuel Romay e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, pousan antes do acto.

A escritora e deseñadora de moda coruñesa Begoña Peñamaría Marcos presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Las horas no contadas", editada por Pigmalión e galardoada co Premio Internacional de Literatura Joven "Lord Byron" 2018, que concede a editorial. Na presentación participaron, xunto coa autora, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o profesor, crítico de arte e escritor Vicente Araguas, que tamén foi membro do xurado que outorgou o premio á novela, o editor, Basilio Cañada, e o expresidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que pechou o acto.

A Xunta de Galicia en Madrid acolle unha xornada de traballo organizada pola USC e na que participan investigadores de varias universidades europeas en torno ao proxecto H2020

1. O vicerreitor Gumersindo Feijoo (diante, segundo pola esquerda) e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega na imaxe co equipo de investigadores que se reuniron na Casa de Galicia.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe unha intensa xornada de traballo na que participaron investigadores de universidades de diferentes países, convocados pola USC, que coordina a elaboración dunha proposta de proxecto europeo no programa H2020 entre cuxos obxectivos está o lograr unhas cidades "máis amigables" desde o punto de vista ambiental e social.

"La vida de otro" de Reigosa, agora en Castelán, presentada hoxe na Casa de Galicia en Madrid

1. De esquerda a dereita, Carlos Reigosa, Alfonso Palomares, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Ángel Basanta e Jesús Espino, todos coa novela presentada.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "La vida de otro", do escritor e xornalista da Pastoriza, Carlos G. Reigosa, editada agora en castelán por Akal, e que fose Premio Torrente Ballester 2008 (Xerais, 2009). "Tentei acertar e afondar nas claves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa", dixo Reigosa, para aclarar o título. O libro sigue querendo ser, "un espello ao longo da Transición Española no que cada un pode descubrir o seu rostro".

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro Sueño de Infancia de Moncho Rouco publicado agora en castelán por Turpin Editores

1. De Esquerda a dereita, o autor Moncho Rouco, o coordinador de actos da Casa de Galicia Ramón Jiménez, o Dr. en Historia Ricardo Santos e o editor José Manuel Martín.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Sueño de infancia", de Moncho Rouco publicada agora en castelán por Turpin editores e que o pasado ano fixérao Xerais en galego. A novela, a medio camiño entre o recordo pausado dos libros de memorias e o vibrante ritmo dos relatos de aventuras naceu para contar aos fillos do autor como eran as andanzas dun neno que viviu na Galicia dos anos sesenta e setenta, nun tempo no que se anunciaba a entrada nunha era de cambios tecnolóxicos, sociais e políticos, cando o rural xa ía cedendo paso ao progresivo e rápido acomodo da vida urbana.