
- Atención ó cidadán
Información sobre materias competencia da Xunta de Galicia.
- Promoción económica e empresarial
Infraestruturas para as empresas galegas que desexen darse a coñecer en Madrid.
- Promoción cultural
Accións orientadas a promocionar a obra de artistas e intelectuais galegos.

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis
Exposicións
Exposición de fotografía "Ferrol en reflexos", de Manuel Pombo
Manuel Pombo afástase con claridade dos convencionalismos das clásicas representacións fotográficas, para buscar unha nova traxectoria plástica e estética sen saírse da súa contorna máis cotiá e próxima, neste caso a súa amada cidade de Ferrol.
Pombo logra nesta mostra non só impactar ao espectador, senón tamén entrar nun mundo imperceptible, efémero, que se poderá contemplar ata o 27 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Exposición de pintura e escultura "30 ANOS DE TRIBUTO A GALICIA", de Yolanda d'Augsburg
Pintora/escultora e escultora/pintora, funde principios de ambas as artes, obsesionada polo cromatismo e a iluminación, o volume e a forma.
As súas obras, que son o resultado dunha concepción moi peculiar, indubidablemente explosiva e vital, plena de entusiasmos, poderá visitarse ata o 27 de abril, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Actualidade
"Entrañable, emocionante, auténtico..." palabras na Casa de Galicia esta noite tras o pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida" de Rubén Riós
Máis de medio centenar de persoas entre membros do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e invitados persoais do actor e director galego Rubén Riós tiveron a oportunidade de asistir hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ao pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", protagonizados por persoas con discapacidade e actores como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Luís Iglesia, Mariana Carballal... entre outros. "Entrañable, emocionante, auténtico, marabilloso..." fueron algunas de las palabras que surgieron después del visionado.
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación de "Oficio de Lecturas. Escritos de Periodismo Cultural" do profesor da UCM Francisco R. Pastoriza, "Un libro de libros"
Madrid, 23 de abril de 2018.- "Un libro de libros". Así definiu o autor, o xornalista e profesor pontevedrés de Bueu, Francisco Rodríguez Pastoriza a súa nova obra Oficio de Lecturas. Escritos de Periodismo Cultural que se presentou esta tarde na Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro. A obra publicada por Terra Ignota Edicións está dirixida a un público con inquietudes culturais e interesado pola historia deste ámbito.
"En el corazón de la lluvia", última novela de Milagros Frías, presentada hoxe na Delegación da Xunta en Madrid pola xornalista e escritora Marta Robles
Unha soleada tarde madrileña en contraste co ambiente no que se desenvolve a novela, arroupou hoxe a presentación de "En el corazón de la lluvia", a última creación da escritora e xornalista Milagros Frías, acto que correu a cargo da tamén xornalista e escritora, Marta Robles. A obra, gañadora da última edición do Premio Logroño de Narrativa e editada por Algaida, desenvólvese en Limia de Lemos, un lugar imaxinario da costa galega onde chega a protagonista en busca da felicidade que non atopou nas urbes nas que viviu ata ese momento. En Limia sucede "a arrebatadora historia con insospeitados xiros, personaxes inesquecibles e situacións tan familiares como sorprendentes".
María de la Figuera: "Lorca xa coñecía e admiraba a poesía galega, pero cando viaxou a Galicia sentiu el mesmo atrapado pola melodía da paisaxe e da lingua"
A catedrática xubilada de Lingua Castelá e Literatura e doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid María de la Figuera López afirmou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia que "Lorca xa coñecía e admiraba a poesía galega, pero cando viaxou a Galicia sentiu el mesmo atrapado pola melodía da paisaxe e da lingua, da forza do mar e das xentes". Fíxoo no transcurso da conferencia "Seis poemas galegos de Federico García Lorca", que impartiu nas súas instalacións.