¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Axenda

setembro 2016

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Rolda de prensa/presentación da exposición "TESOUROS BIBLIOGRÁFICOS (s. X-XVI): A ARTE E O XENIO AO SERVIZO DO PODER", de M. Moleiro

04/10/2016 11:00
O BREVIARIO DE ISABEL LA CATÓLICA (The British Library, Londres) está considerado como o breviario máis fastuoso xamais creado para un monarca europeo.

Esta exposición reúne unha selección de obras mestras do Patrimonio bibliográfico español e europeo, pintadas entre os séculos X e XVI para emperadores, reis e Papas polos artistas máis importantes da época. Os orixinais destes tesouros consérvanse nas bibliotecas e museos máis importantes do mundo: Metropolitan Museum of Art, en Nova York, British Library, en Londres, Bibliothèque nationale de France, en París, Biblioteca Nacional de Rusia, en San Petersburgo, etc.

Poderá visitarse ata o 28 de outubro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Inauguración de gravados "ÁNXELES", do artista serbio Veljko Mihajlovic

04/10/2016 19:30

A mostra, que se celebra con ocasión do Centenario do establecemento das relacións diplomáticas entre España e Serbia, poderá visitarse ata o 28 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Conferencia "UN ENIGMA DESVELADO: O PERGAMIÑO VINDEL", pola Dra. Mariña Arbor, profesora de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela

10/10/2016 19:30
O PERGAMIÑO VINDEL

Esta conferencia celébrase dentro do marco da exposición "Tesouros bibliográficos (s. X-XVI): A arte e o xenio ao servizo do poder" que desde o día 4 ao 28 de outubro poderase visitar nesta Delegación.

De finais do século XIII, o Pergamiño Vindel é unha das xoias máis valiosas da poesía medieval galega e contén as sete Cantigas de Amigo escritas por Martín Codax, as únicas coñecidas con notación musical.

Actualidade

Presentado o libro "El Camino de Santiago. Vía de peregrinos. Camino de fe y esperanza", do pontevedrés Juan Caamaño Aramburu

Pousado A: A presentación do libro "El Camino de Santiago. Vía de peregrinos. Camino de fe y esperanza", de Juan Caamaño Aramburu, publicado por CEU Ediciones, reuniu na Delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia, entre outros, a, de izda. a dcha.: Teresa Lacave, a directora de CEU Ediciones, Ana Rodríguez de Agüero, o presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz, o viceconsiliario nacional da Asociación Católica de Propagandistas e capelán das asociacións galegas en Madrid, Andrés Ramos, o autor do libro, Juan Caamaño Aramburu, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, a concelleira presidenta do madrileño distrito de Tetuán, Paloma García Romero, o avogado José Esteban Verdes, o primeiro director da Casa de Galicia, Francisco Díaz Rey, e o secretario xeral da Asociación Católica de Propagandistas e director do Colexio Maior Universitario San Pablo, Antonio Rendón-Luna de Dueñas.

O Camiño de Santiago foi novamente protagonista na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia coa presentación do libro "El Camino de Santiago. Vía de peregrinos. Camino de fe y esperanza", do pontevedrés, de Marín, capitán de navío da Armada e licenciado en Ciencias Relixiosas pola Universidade Pontificia de Comiñas Juan Caamaño Aramburu, publicado por CEU Ediciones. Participaron nela, ademais do autor, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, o presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz, o viceconsiliario nacional da Asociación Católica de Propagandistas, Andrés Ramos Castro, a directora de CEU Ediciones, Ana Rodríguez de Agüero y Delgado, e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que pechou o acto.

A Casa acolleu hoxe a presentación de "El estornudo de la mariposa" de José de Cora, a que asistiron máis dun centenar de persoas

1. De esquerda a dereita Romero Fontao, Conde de Fontao; o director xral. do Grupo El Progreso, José de Cora; o pte. do Consello de Estado, José Manuel Romay; o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega e o editor e pte. de Edhasa, Daniel Fernández.

A novela do xornalista e escritor lucense José de Cora, "El estornudo de la mariposa. Los Garbo contra Hitler" presentouse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e no acto, ao que asistiron máis dun centenar de persoas,  interviñeron, ademais do autor, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o editor e presidente de Edhasa, Daniel Fernández, e o avogado e profesor universitario, José Manuel Romero Fontao, conde de Fontao.

A Fundación Barrié inicia hoxe na Casa de Galicia en Madrid a edición nacional do Programa Formativo Más Social

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega (terceiro pola dereita) con Mª Isabel Pérez (cuarta) e algúns dos representantes das Federacións.

A Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid acolle a edición nacional do Programa Formativo Máis Social Fundación Barrié dirixido a confederacións nacionais do Terceiro Sector, con temas de estratexia e liderado orientado a resultados, comunicación e márketing, captación de fondos, xestión de proxectos e xestión de persoas... Na xornada inaugural, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, deu a benvida á directora de Acción Social da Fundación, María Isabel Pérez e valorou moi positivamente este tipo de accións. "Desde a Casa sempre apoiaremos todas as iniciativas que supoñan progreso e proxección para Galicia e neste campo, a Fundación Barrié é un referente indiscutible", dixo. "Por tanto, vai ter sempre as portas abertas desta Institución".

A Casa acolleu a presentación da novela "El códice de Clara Rosenberg" da xornalista Magdalena del Amo

1. De esquerda a dereita o escritor Enrique Gallud Jardiel,o delegado da Xunta en Madrid José R. Ónega, o pte. do Consello do Estado José Manuel Romay, o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices, o escritor Salvador Freixedo e Magdalena del Amo, a autora co seu libro.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "El  códice de Clara Rosenberg", de Magdalena del Amo, publicado por La Regla de Oro. No acto, presidido por José Manuel Romay, presidente do Consello de Estado, interviñeñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; os escritores Enrique Gallud Jardiel e Salvador Freixedo; o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices; e a propia autora, Magdalena del Amo.