¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de fotografía "Ferrol en reflexos", de Manuel Pombo

Ata o 27/04/2018

Manuel Pombo afástase con claridade dos convencionalismos das clásicas representacións fotográficas, para buscar unha nova traxectoria plástica e estética sen saírse da súa contorna máis cotiá e próxima, neste caso a súa amada cidade de Ferrol.

Pombo logra nesta mostra non só impactar ao espectador, senón tamén entrar nun mundo imperceptible, efémero, que se poderá contemplar ata o 27 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura e escultura "30 ANOS DE TRIBUTO A GALICIA", de Yolanda d'Augsburg

Ata o 27/04/2018

Pintora/escultora e escultora/pintora, funde principios de ambas as artes, obsesionada polo cromatismo e a iluminación, o volume e a forma.

As súas obras, que son o resultado dunha concepción moi peculiar, indubidablemente explosiva e vital, plena de entusiasmos, poderá visitarse ata o 27 de abril, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

abril 2018

Hoxe

Homenaxe a JOSÉ ANTONIO ORTIZ, con ocasión do seu nomeamento como Presidente de Honra da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Intervirán, ademais do homenaxeado, Luis Gutiérrez Perrino, Presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago; e Jorge Martínez-Cava, Presidente da de Madrid.

O acto finalizará co concerto "Músicas sobre el Camino de Santiago", por José Ignacio Hernández Toquero, guitarrista e compositor; e Mer Pérez, voz solista.

Próximos eventos

Non hai eventos programados próximamente.

Actualidade

"Entrañable, emocionante, auténtico..." palabras na Casa de Galicia esta noite tras o pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida" de Rubén Riós

1. Pilar Falcón, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o director Rubén Riós, minutos antes da proxección de VIDA e MÁIS CA VIDA.

Máis de medio centenar de persoas entre membros do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e invitados persoais do actor e director galego Rubén Riós tiveron a oportunidade de asistir hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ao pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", protagonizados por persoas con discapacidade e actores como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Luís Iglesia, Mariana Carballal... entre outros. "Entrañable, emocionante, auténtico, marabilloso..." fueron algunas de las palabras que surgieron después del visionado.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación de "Oficio de Lecturas. Escritos de Periodismo Cultural" do profesor da UCM Francisco R. Pastoriza, "Un libro de libros"

1. De esquerda a dereita, o exfutbolista Paco Buyo, o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, o profesor e autor do libro Francisco Rodríguez Pastoriza e o tamén profesor da UCM Ramón Cobo.

 

Madrid, 23 de abril de 2018.- "Un libro de libros". Así definiu o autor, o xornalista e profesor pontevedrés de Bueu, Francisco Rodríguez Pastoriza a súa nova obra Oficio de Lecturas. Escritos de Periodismo Cultural que se presentou esta tarde na Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro. A obra publicada por Terra Ignota Edicións está dirixida a un público con inquietudes culturais e interesado pola historia deste ámbito.

"En el corazón de la lluvia", última novela de Milagros Frías, presentada hoxe na Delegación da Xunta en Madrid pola xornalista e escritora Marta Robles

1. Presentación da novela de Milagros Frías. De esquerda a dereita, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, a autora Milagros Frías, a xornalista e escritora Marta Robles, e o editor Miguel Ángel Matellanes.

Unha soleada tarde madrileña en contraste co ambiente no que se desenvolve a novela, arroupou hoxe a presentación de "En el corazón de la lluvia", a última creación da escritora e xornalista Milagros Frías, acto que correu a cargo da tamén xornalista e escritora, Marta Robles. A obra, gañadora da última edición do Premio Logroño de Narrativa e editada por Algaida, desenvólvese en Limia de Lemos, un lugar imaxinario da costa galega onde chega a protagonista en busca da felicidade que non atopou nas urbes nas que viviu ata ese momento. En Limia sucede "a arrebatadora historia con insospeitados xiros, personaxes inesquecibles e situacións tan familiares como sorprendentes".

María de la Figuera: "Lorca xa coñecía e admiraba a poesía galega, pero cando viaxou a Galicia sentiu el mesmo atrapado pola melodía da paisaxe e da lingua"

María de la Figuera, na súa disertación, acompañada por Ramón Jiménez, cunha proxección de García Lorca.

A catedrática xubilada de Lingua Castelá e Literatura e doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid María de la Figuera López afirmou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia que "Lorca xa coñecía e admiraba a poesía galega, pero cando viaxou a Galicia sentiu el mesmo atrapado pola melodía da paisaxe e da lingua, da forza do mar e das xentes". Fíxoo no transcurso da conferencia "Seis poemas galegos de Federico García Lorca", que impartiu nas súas instalacións.