¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Noticia destacada

José Ramón Ónega, distinguido co "Castiñeiro de FAGAMA"

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega recibiu este fin de semana o "Castiñeiro de FAGAMA", (Federación de Asociacións Galegas en Madrid), pola "inestimable e valiosa axuda que sempre nos outorga e a súa xenerosa dispoñibilidade e colaboración coas colectividades galegas".

"Hónrame moito esta distinción, que vén ser o premio Nobel da galeguidade", dixo Ónega no acto de entrega, "agradezoa, valoroa e levareina no corazón porque é o froito da vosa amizade, agarimo e afecto que me consta son sentimentos sinceros e eternos".

Ler máis >>

Exposicións

Exposición de pintura de ANTONIO MARTÍNEZ (CACHI)

Ata o 31/01/2018
"RETRATO DA MIÑA AVOA" - Pastel - 62 x 48 cm.

Este artista da color presenta unha colección de lenzos que son o resultado dun traballo incansable, froito da observación na procura da esencia, da simplicidade. O visitante poderá contemplar a sutileza do seu mar, do seu río, das súas pedras, en definitiva, do seu mundo ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura "Liberación pola color", de Luisa e Conchita (Concetta) Paz Montenegro

Ata o 31/01/2018
"NON MATARÁS!", de Conchita (Concetta) Montenegro - Acrílico sobre lenzo/ "NÚA 01", de Luisa Paz- Acrílico

A relación que une ás pintoras Luisa Paz e Conchita Montenegro vai moito máis alá da súa vinculación fraternal. A súa visión da pintura, lonxe a nivel de estilo, achégase aos poucos a través do concepto da cor e da súa responsabilidade por mostrar contornos, lugares e paisaxes dunha maneira diferente e comprometida. A exposición poderá contemplarse ata o 31 de xaneiro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

xaneiro 2018

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Conferencia do historiador ferrolán Juan Luis Beceiro: "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española"

23/01/2018 19:30
O historiador ferrolán, Juan Luis Beceiro.

Beceiro fará unha disertación sobre a situación relixiosa na España do século XV e XVI, afirmando que a lenda negra xurdida ao redor da persecución dos xudeus e a Inquisición foi froito dos inimigos de España, principalmente protestantes.

Ciclo de conferencias "MEDICINA E HUMANIDADES"

25/01/2018 19:30

Coloquio "Reflexións sobre a humanización como elemento transformador da asistencia sanitaria", no que participarán Enrique Iglesias, presidente de Honra do Comité Internacional de ASOMEGA; Julio Zarco, presidente da Fundación Humans; e Cristina Muñoz, responsable de Formación e Calidade do Centro de Humanización da Saúde.

Dirixe e coordina e o ciclo o Dr. Julio Ancochea Bermúdez, presidente de ASOMEGA.

 

Actualidade

A Asociación Muxía Turismo Rural presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o proxecto turístico "Muxía Rural: destino ornitolóxico"

O presidente da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos, Lorenzo Amor, o deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o alcalde de Muxía, Félix Porto, Francisco Canabal, do Clúster de Turismo de Galicia, e o presidente da Asociación Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo, na presentación, cunha proxección sobre as rutas ornitolóxicas en Muxía.jpg

A Asociación Muxía Turismo Rural, en colaboración co concello de Muxía, presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o proxecto turístico "Muxía rural: destino ornitolóxico", de promoción desta variante turística no concello coruñés que, segundo expúxose, é un dos principais puntos de España para o avistamento de especies de aves migratorias pouco frecuentes, como a gaivota polar, que ten na praia de Nemiña a única colonia regular de Galicia e o falcón peregrino que xunto con outras especies pode verse no cabo Touriñán e mesmo o aguia real, que foi avistada recentemente en Nemiña.

As irmás lucenses Luisa Paz e Conchita (Concetta) Montenegro presentan na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra pictórica "Liberación pola cor"

As artistas plásticas Conchita (Concetta) Montenegro e Luisa Paz ante senllas obras súas.

As irmás lucenses Luisa Paz e Conchita (Concetta) Montenegro expoñen desde hoxe e ata o próximo día 31 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mostra pictórica "Liberación pola cor", na que o xogo de cores é o nexo de unión de dous estilos distintos que coinciden tamén na temática: a paisaxe urbana de Lugo e o corpo feminino, fundamentalmente.

A Delegación da Xunta en Madrid inicia o seu programa de actividades de 2018 coa exposición de pintura "Laberinto de cores" do artista guardés Antonio Martínez "Cachi"

1. Antonio Martínez, Cachi, ante a súa obra MUIÑOS DO FOLÓN.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a inauguración da mostra de pintura "Laberinto de cores" de Antonio Martínez "Cachi" cuxos lenzos están protagonizados polas súas paisaxes natais de A Guarda (Pontevedra) e que poderán verse en Madrid ata o 31 deste mes.

Editorial Torremozas presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o poemario "Fugaces", da escritora coruñesa Sofía Casanova

A poeta María Tecla Portela Carreiro, a editora Marta Porpetta, a filóloga Amelia Serraller, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, o xornalista Alfonso Armada e a escenógrafa Liz Wittlin.

A Editorial Torremozas presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o poemario Fugaces, da escritora coruñesa Sofía Casanova, primeira muller correspondente de guerra en España, que narrou ao país a Revolución Rusa desde San Petersburgo. Casanova realizou un importante labor literario como xornalista, novelista, dramaturga e poeta, sendo esta última a faceta menos coñecida da autora, que casou co filósofo Wincenty Lutoslawski, viviu en Polonia case toda a súa vida e morreu alí. O poemario reeditado acompáñase dun interesante material fotográfico, en parte inédito en España, e unha ampla introdución da filóloga e tradutora Amelia Serraller Calvo.