¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de pintura "Homenaxe a Van der Weyden", de SOLEDAD FERNÁNDEZ

Ata o 31/05/2018
Homenaxe a Rogier van der Weyden, óleo sobre lenzo liño groso tipo Goya

Esta mostra é unha homenaxe que a pintora dedica ao artista flamenco, Rogier van der Weyden. Tomando a súa composición El Descendimiento, plasma unha escena social, a dun albanel caído, emulando a dor dunha familia ante o drama dun ser querido.

Poderán visitarse tanto o óleo Homenaxe a Rogier van der Weyden, como os bosquexos ao grafito previos á obra definitiva, ata o31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

maio 2018

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Inauguración da exposición de pintura "A MIRADA EXTENSA", de Isabel Pintado

05/06/2018 19:30
PAISAXE - Mixta papel - 37 x 55 cm.

A pintora, madrileña de nacemento e coruñesa de adopción, presenta unha selección de paisaxes, nas que demostra o seu coidado oficio. Ao contrario que noutros traballos anteriores, onde o realismo abríase camiño a través do pincel da artista, nesta ocasión penetra na abstracción máis pura. Non representa a paisaxe en si, senón a súa transformación, a pegada que deixa na memoria despois de ser contemplado.

Poderá visitarse ata o 29 de xuño en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Actualidade

Conde salienta que o Pop UP "Saberes e Sabores" achega a Madrid o perfecto maridaxe entre a cociña e a artesanía de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, flanqueado polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro (FOTO SEIXAS/LALíN PRESS).

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, inaugurou hoxe en Madrid o Pop Up Galicia. Saberes e Sabores, que se celebra no Palacio de Santa Bárbara (Rúa Hortaleza, 87) ata o 3 de xuño. Conde apuntou que, trala boa acollida da primeira edición, esta iniciativa volve converterse no mellor escaparate da fusión do talento galego, sinalando que Galicia conta cun 27% máis de talleres artesáns e cunha xeración de chefs que acapara 11 Estrelas Michelin. O conselleiro percorreu a mostra acompañado polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e pola xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

A doutora ourensá Ana Fernández-Teijeiro disertou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia sobre os retos do cancro en nenos e adolescentes en España

O presdiente de PSN, Miguel Carrero, a directiva de Asomega Julia Buján, o socio fundador de Asomega e pai da conferenciante, Juan José Fernández-Teijeiro, a conferenciante, Ana Fernández-Teijeiro, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, e o presidente de Asomega, Julio Ancochea.

A doutora ourensá Ana Fernández-Teijeiro, presidenta da Sociedade Española de Hematología e Oncoloxía Pediátrica (SEHOP) ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a conferencia "Retos actuais do cancro en nenos e adolescentes en España", enmarcada no ciclo de conferencias "Medicina e Humanidades", que desenvolve a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e dirixe e coordina o seu presidente, o doutor Julio Ancochea.

A FREMSS presenta na Delegación da Xunta/Casa de Galicia o Manifesto para a Flexibilización da Obrigación de Desembarque das Capturas realizadas pola frota da Unión Europea

Os directivos de FREMSS xunto ao delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o deputado Joaquín García Díez e o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez.

A Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o Manifesto para a Flexibilización da Obrigación de Desembarque das Capturas realizadas pola frota da Unión Europea, que se fai eco do malestar e inquietude que nos pescadores españois, e fundamentalmente de Galicia, como primeira potencia pesqueira de España, causa a entrada en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2019 da obrigación de desembarque de todas as capturas que realice a frota pesqueira europea en augas comunitarias.

Case un centenar de persoas acudiron á presentación do libro "Hablo de la insistencia de los ojos" de Pepa Nieto na Delegación da Xunta en Madrid

1. Na mesa, de esquerda a dereita Ilia Galán director de Ars Poética, Ramón Jiménez coordinador de actos da Casa, a poeta e artista Pepa Nieto e o escritor e poeta Miguel Losada.

Preto dun centenar de persoas acudiron a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia esta tarde a presentación de "Hablo de la insistencia de los ojos", última publicación da poeta e artista coruñesa Pepa Nieto, editada por Ars Poética, e que inclúe unha selección de poemas recollidos en libros anteriores, xunto con cinco inéditos.