¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de pintura "SÓ SON HUMANO, DESPOIS DE TODO", de Marinela Fontoira

Ata o 30/06/2017
"Amor, fágase a túa vontade". Acrílico sobre lenzo. 65 x 54 cm.

Artista plástica especializada en abstracción figurativa, paisaxismo abstracto e retratos, presenta a súa obra pictórica cun estilo propio marcado por unha gran riqueza cromática, expresividade e movemento, e ofrece ao espectador unha visión evocadora dun mundo cheo de fantasía, case narrativo e, ás veces, fantástico.

Os seus cadros poderán visitarse ata o 30 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de pintura "MIRANDO AO MAR", de Teresa Irisarri

Ata o 30/06/2017
"Merlín e familia". Acrílico sobre lenzo. 81 x 100 cm. 2016

A pintura de Teresa Irisarri ten sen dúbida alma galega. Inspírase en mitos primitivos, pero tamén nos antigos contos infantís, eses contos que souberon transmitir os nosos medos e desexos durante xeracións.

Os seus cadros son de amplo formato e cores vivas. Grandes xanelas onde flotan embaixadores dos mitos, hipocampos ou sereas, seres imaxinarios que nos lembran poéticas moi antigas da nosa terra, poderán contemplarse ata o 30 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

xuño 2017

Hoxe

Rolda de prensa-presentación dos actos programados do ARDE LVCVS MMXVII

Cartel do ARDE LVCVS 2017

Os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo  o visitante poderá mergullarse na vida de Lvcvs Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana e percorrer o seu recinto amurallado, onde gozará dun pasado máis vivo que nunca.

Intervirá no acto a concelleira de Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Próximos eventos

Presentación do cadro "PITA DA VEIGA EN PAVÍA", de Augusto Ferrer-Dalmau, con posterior entrega ao Rexemento Pavía

29/06/2017 19:30
O cadro "PITA DA VEIGA EN PAVÍA", de Augusto Ferrer-Dalmau

Ferrer-Dalmau dedica este lenzo ao heroe Alonso Pita da Veiga, ferrolán que ás ordes do Conde de Andrade terá un papel primordial na Batalla de Pavía (1525), ao ser o captador do Rey de Francia Francisco I e rescatar a Cruz de San Andrés.

No acto intervirán, ademais do artista, Francisco Javier Varela Salas, Xefe do Estado Maior do Exército de Terra; Joaquín Pita da Veiga, almirante da Armada Española; e María Fidalgo Casares, doutora en Historia da Arte e especialista en Ferrer-Dalmau.

Inauguración da exposición de pintura "HORIZONTES DE MAR E MEMORIA", de MARISA REDONDO

04/07/2017 20:00
"ESBOZO DUNHA REALIDADE" - Mixta/Lenzo. 80 x 80 cm.

Trátase dunha mostra inspirada en motivos mariños e relacionados coa natureza, que poderá visitarse ata o 28 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Participará no acto de inauguración Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.

 

Actualidade

AEGAMA celebrou esta tarde a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

1. Xunta directiva de AEGAMA, de esquerda a dereita, José Manuel Campos, Francisco Javier Saguar, Xullo Lage, Isabel Noriega e Gaspar de Vicente.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid celebrou esta tarde a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia, Delegación da Xunta na capital de España, tal e como o veñen facendo os últimos anos desde que o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega "abrise as portas" ás asociacións galegas en Madrid, para as súas reunións e actividades profesionais. 

A delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do programa de "Arde Lucus, MMXVII" que se celebrará os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo

1. Un casco de romano en primeiro plano, co delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega coa concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua, Carmen Basadre

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a rolda de prensa/presentación de "ARDE LUCUS, MMXVII", festa declarada recentemente de Interese Turístico Nacional e que se celebrará na cidade de Lugo os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, con máis de 300 actividades, delas preto de medio centenar son novas.

Máis de medio centenar de persoas acudiron á Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia á presentación da torta Amoris Peregrinus deseñada pola artista María Carretero

1 De Esquerda a dereita, Domingo de Famara, Antonio Celeiro, María Carretero, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, Pepa Carretero e Javier Gila.

As escaleiras de entrada á Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid estaban decoradas con pequenos pero espigados castiñeiros, fentos e outras plantas para recibir aos invitados á presentación da torta Amoris Peregrinus, unha creación da artista internacional María Carretero elaborada pola pastelería lucense Ousá, en colaboración con Domingo de Famara.

"Castelao non era separatista", dixo Carlos Mella na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia

1. De esquerda a dereita, o conferenciante Carlos Mella, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega e o avogado e expresidente do Consello de Contas Xesús Palmou.

"Castelao non é separatista; para el o separatismo é unha idea anacrónica e non pode ser o ideal de ningún galego", dixo o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, na conferencia "Castelao: existencia e presenza política", que pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. E engadiu que "Castelao recoñece que Galicia é unha nación con todos os dereitos, pero que está disposta a renunciar a eses dereitos, en xusta correspondencia dos dereitos doutros para construír unha España máis forte".