A nosa casa

Palacio de Amezúa

A sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid encóntrase nun edificio de arquitectura dos anos vinte, ubicado no chamado Triángulo Cultural de Madrid, formado polos museos do Prado, Reina Sofía e Thyssen.

A Casa de Galicia é un palacete histórico, que conta con varios despachos, un salón de reunións, e outros salóns multiusos, de ata 100 persoas de capacidade.

As súas instalacións están compostas por tres salas de exposicións, biblioteca, sala de xuntas, sala de conferencias e debates, oficina de turismo, ademáis das dependencias institucionais.

Diversas entidades, tanto públicas coma privadas, utilizan as instalaciónes para celebrar reunións de traballo, firmas de acordos, convenios, seminarios, etc.

Dende a inauguración, en 1992, realizáronse aproximadamente 2.000 actos, demostrando así a súa vitalidade e función promocional de Galicia, principalmente no ámbito cultural, económico-empresarial e turístico. Ver mapa en Google

O edificio - vista externa

O proxecto orixinal de construcción do edificio foi encargado en 1924 por Agustín González de Amezúa ó arquitecto Felipe de Sala y Blanco e, finalmente, foi Luís de Sala y Martín quen o rematou en en 1926.

O edificio limita con dúas rúas, Casado del Alisal e Moreto, e constitúe un exemplo típico de hotel/palacete entre medianerías, con destacada posición de esquina. O seu aspecto externo é de líñas historicistas e de carácter ecléctico, con unha mezcla de elementos rexionalistas marcadamente barroca e unha decoración de compoñentes clásicos.

Destaca a importante rexería de ferro forxado nos ócos e nas ventás da pranta baixa, que confere singularidade as súas fachadas.

Unha vez rematadas as obras de remodelación, no ano 1992 adquiríuno o Gobierno Autonómico de Galicia para convertilo na súa sede oficial na capital de España.

O edificio - estructura interna

Na pranta baixa encóntrase a entrada principal ó edificio pola rúa Casado del Alisal. A través dunhas escaleiras accédese a un gran vestíbulo, flanqueado por dúas enormes columnas de estilo clásico e vidreiras de notable calidade. Dende aquí pódese acceder a dúas salas de exposicións e conferencias, á oficina de turismo e a unha segunda entrada pola Rúa Moreto, que conserva todo o encanto da época pasada.

A primeira pranta está destinada á función administrativa. Conta con un zaguán entorno a unha loxia interior con columnas clásicas, do cal parten os despachos e unha terceira sala de exposicións e reunións.

A segunda pranta dispón de amplas áreas de traballo e reunión. Tamén con un espacio organizado en torno a un zaguán de pranta que é, á súa vez, remate último da escaleira principal. Nela atópanse a sala de xuntas e o despacho do Presidente da Xunta.

Dado o pronunciado carácter administrativo de boa parte do espazo, o mobiliario é contemporáneo e funcional. Tan só en recibidores e no despacho principal conta con algúns mobles de época.

As paredes están decoradas con unha selección de obras pictóricas galegas que abre en sentido cronolóxico e espacial, un lenzo de Álvarez de Sotomayor.

No resto das prantas vánse sucedendo tendencias ata chegar á actualidade, configurando unha colección permanente na que están representados nomes como Laxeiro, Menchu Lamas, Antón Patiño, Nóvoa e outros.