Preguntas frecuentes

Todo o que necesitas saber

¿Que podo atopar en casadegalicia.xunta.es?

Atopase toda a información actualizada sobre as actividades que realiza a Casa de Galicia en Madrid, tanto de carácter cultural, promocional e turístico. Disporás de información detallada sobre as exposicións e os artistas, conferencias, mesas redondas, presentacións de libros e discos ou concertos.

¿De que seccións dispoño para informarme?

Dende a home ou porta de entrada pode informarse dos eventos programados de inmediata celebración. Dende o menú de navegación accederá á información da sección de Programación, Servizos, Actualidade, Gabinete de Prensa, Galicia en Madrid e Turismo.

A través destes apartados pódese ter acceso a aquela información específica como coñecer algo máis da Casa, as súas instalacións e servizos, a actualidade de Galicia a través das noticias, a promoción da cultura galega en Madrid a través das distintas asociacións ou o servizo turístico que se ofrece a través da Casa de Galicia para todos os interesados en viaxar a Galicia.

¿casadegalicia.xunta.es é interactiva?

Presentamos unha páxina interactiva tanto pola información como polos servizos que ofrece, así como pola posibilidade de que o usuario se dirixa a nós a través da caixa de correo de correo electrónico que se facilitan nas diferentes seccións.