Conferencia "ORALIDADE E LITERATURA: HOMENAXE A CUNQUEIRO"

Eventos
12/14/2011
12/14/2011
14/12/2011

Conferencia "ORALIDADE E LITERATURA: HOMENAXE A CUNQUEIRO"

-

O mércores, 14 de decembro, ás 20:00 horas, con motivo do Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (1911-2011), o crítico literario ÁNGEL BASANTA pronunciará unha conferencia titulada "ORALIDADE E LITERATURA: HOMENAXE A CUNQUEIRO"

Ángel Basanta foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela (1973-1076) e é, desde 1976 Catedrático de Literatura do Instituto "Rey Pastor" de Madrid. Tamén foi profesor de Didáctica da Literatura Española no ICE da Universidade Complutense de Madrid. Exerceu a crítica literaria en varios xornais e revistas. Desde 1987 ata 1998 colaborou semanalmente como crítico de novela no ABC Cultural. Desde 1999 ocúpase da crítica semanal de narrativa en El Cultural de El Mundo. Dirixiu a Historia da Literatura Española da Editorial Cincel (1980-1982). É autor de varios libros dedicados á historia da novela española e tamén realizou numerosas edicións comentadas de novelas importantes como El Lazarillo, El Quijote, El Buscón, El sombrero de tres picos...

14 Diciembre 2011
Eventos