Outros eventos en Madrid

A mostra está composta por obras que axuntan dúas paixóns de Seijas: as antigüidades e El Rastro, cuxo ambiente e protagonistas retrata cada domingo desde nena, ao punto de que fai catro anos creou Todo Rastro, unha conta de Instagram onde exhibe imaxes dos avatares do coñecido mercado ao aire libre, do que se converteu en cronista gráfica. Agora, a maioría das súas fotografías realízaas co móbil, instrumento que lle permite pasar máis desapercibida que a tradicional cámara. Seijas é membro dunha familia de fotógrafos, profesión que exerceron os seus avós paternos e que continuaron os seus…
ó
As empresas artesás galegas que participan este ano como expositores en Madrid son os talleres de cerámica Branqueta (A Coruña) e Laura Delgado Cerámica (Cambre), o taller especializado en forxa Celso Ferreiro CF Coitelos (A Fonsagrada), os talleres de coiro Jatafarta (Santiago de Compostela) e Santiago Besteiro Design (Monterroso), o taller de xoiaría Ferraxe de Prata (Teo), así como as artesás especializadas en téxtil Boina Galega (Santiago de Compostela), Degerónimo (Santiago de Compostela) e Inés Rir & Co. Deseño Téxtil Artesán (Allariz). Os expositores de produtos gastronómicos de…
Nestas liñas informamos dun novo espectáculo,que leva por título "MITIC: De Sinatra a ACDC ao son da gaita", que o 24 de abril poderá verse no Teatro Nuevo Apolo de Madrid. É un proxecto pioneiro dos irmáns galegos Álvaro e Suso Costas que desprega unha nova forma de entender a gaita, instrumento capaz de interpretar a Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe ou Carlos Gardel... As entradas están á venda en atrapalo.com, ticketea, ticketmaster e no propio despacho de billetes do teatro. MITIC é un novo proxecto de expansión do instrumento máis emblemático de…
En La Central de Callao, o xoves 25 de setembro, ás 19,30 horas - Madrid, 19 de setembro de 2014. - A editorial Hoja de Lata presenta en Madrid o libro "Artes subversivas para cultivar jardines", da escritora galega Teresa Moure. O acto terá como presentador o deputado galego Xosé Manuel Beirase estará amenizado cunha perfomancepoética a cargo da propia escritora. Acto: Presentación do libro "Artes subversivas para cultivar jardines". Data: xoves, 25 de setembro de 2014. Hora: 19,30 horas. Lugar: La Central de Callao (C/ Postigo de San Martín, 8 - Madrid.)