Axenda/Eventos/Exposicións
Decembro 2023
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
|
28
|
29
|
30
|
1
|
2
|
3
|
|
|
|
|
|
|
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
|
|
|
|
|
|
|
11
|
12
|
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
|
|
|
|
|
||
18
|
19
|
20
|
21
|
22
|
23
|
24
|
|
|
|
|
|
|
|
25
|
26
|
27
|
28
|
29
|
30
|
31
|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe
Non hai eventos para hoxe
Próximos eventos

A exposición está composta por 20 paneis nos que se destacan os aspectos máis relevantes da traxectoria vital desta ilustre coruñesa, progresista, avanzada á súa época e cunha gran sensibilidade social, que deixou unha pegada indeleble tanto na cidade da Coruña como en toda Galicia. Juana de Vega foi a muller con maior relevancia política na España do século XIX; unha posición impulsada pola súa…

Con esta mostra a Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón pretende conmemorar a súa fundación. Son 50 anos de actividade docente e artística, con importantes achegas culturais e sociais e, ao mesmo tempo, queren homenaxear a todas aquelas persoas da comunidade educativa que percorreron a súa aulas e talleres, mostrando anacos do seu pasado e do seu orgulloso presente e proxectándoa cara a…
Eventos recentes
ó
"O Galiverso empeza aquí" é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural etc.) dunha maneira diferente. Sen saír da Casa de Galicia, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias.
Hai lugares que só se poderán visitar entrando no Galiverso, como a Cripta do Apóstolo, —pechada ao…
Na conferencia participarán, ademais do fillo de Camilo José Cela, o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano López, e o editor de Ediciones 98, Jesús Blázquez González.
A conferencia de Camilo José Cela Conde versará sobre as novas edicións das obras do seu pai, Camilo José Cela, por parte de Edicións 98. Esta editorial está a publicar a obra de diversos autores galegos, como Wenceslao Fernández Flórez, Álvaro Cunqueiro e Elena Quiroga, e teñen tamén un especial interese en reivindicar á figura de Camilo José Cela publicando as súas obras máis descoñecidas: "Páginas de geografía…
A mostra, organizada por Turismo de Galicia, é unha homenaxe a todos os hospitaleros voluntarios a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente, que foron tomadas nas últimas décadas. Merecido homenaxe aos hospitaleros voluntarios, que enchen o Camiño de fraternidade, solidariedade e difusión de contidos culturais e espirituais.
O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado desde hai séculos como pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poéticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo…
Na presentación acompañarán ao autor, Pedro García Cuartango, Lucía Taboada e Luis Meana.
Este libro é unha longa crónica xornalística, física e emocional, que pretende descubrir se tras unha ausencia de máis de 40 anos queda algo da Galicia que era e o neno que foi. Trátase de 28 artigos publicados cada semana no suplemento O Domingo da Opinión A Coruña e oito inéditos. O xornalista e escritor Alfonso Armada relata en cada un deles a súa visión de Galicia. Están Estaca de Bares, Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia, Samos, Ribadavia, O Carballiño, Vilagarcía, Bueu, San Simón, Vigo...
Unha obra…
A Federación de Asociacións Galegas en Madrid organiza un acto "Homenaxe da galeguidade" en memoria de D. José Ramón Ónega López, director da Casa de Galicia en Madrid; D. Ovidio Cadenas Queipo, presidente de FAGAMA e da Xuntanza de Galegos en Alcobendas; e D. Miguel Romay Graña, presidente do Centro Galego da Serra de Madrid e vicepresidente de FAGAMA.
Participarán no acto: o director da Casa de Galicia, Juan Serrano; o presidente de FAGAMA, Horacio Rico; o xornalista, Fernando Ónega; o fiscal do Tribunal Supremo, Antonio Troncoso de Castro; e Ana Romay, irmá de Miguel Romay.
A homenaxe…
ó
A Casa de Galicia en Madrid exhibe a mostra conmemorativa do 40 aniversario do Parlamento autonómico
• Foi inaugurada o pasado xoves, 15 de decembro e pode visitarse ata o 29 de xaneiro.
• Entre outros materiais, a exposición inclúe a Proposta de Consello de Galicia, documento manuscrito de Castelao datado ao redor de 1943.
A Casa de Galicia en Madrid acollerá, entre o 15 de decembro e o 29 de xaneiro, a exposición "O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021", que repasa os feitos máis destacables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución…
“Cruzados polo camiño. Conxecturas compostelás sobre un Papa ilustrado”, é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea.
O autor estará acompañado por Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a…
ó
A artista, natural de Millarouso de Valdeorras (Ourense), presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra máis recente. Trátase dun traballo no que se poderán contemplar 14 óleos rebosantes de cor, coa temática común dos músicos do Pórtico da Gloria.
No acto de presentación, que tivo lugar o 3 de novembro, Lola Doporto estivo acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Tal e como…
Durante a presentación, a autora estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Carlos Serrano; polo xornalista e escritor, Ferran Garrido; e por Toni Alcolea, da editorial Olé Libros.
´Farruca´ achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe.
Belén Presas…
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a presentación dos respectivos discos dos gaiteiros Miguel Ramalleira e Javier Franco.
Durante o acto estarán acompañados polo presidente de FAGAMA, Horacio Rico. Despois da presentación, os gaiteiros interpretarán varias pezas musicais incluídas nos seus respectivos discos.
O gaiteiro Miguel Ramalleira presenta o seu primeiro disco "Ramalleira. (Música para animar el alma)".
O seu primeiro traballo discográfico é un directo cunha decena de temas, dos que a metade son composicións propias xurdidas das experiencias vitais do confinamento e o resto,…