Notas de prensa

 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición "POR ENCIMA DE LAS NUBES", de  Kuka Bastardés.  A escritora e xornalista, Julia Sáez-Angulo, e vicepresidenta da Asociación Madrileña de Críticos de Arte, AMCA, foi a encargada de presentar á artista.  "Facía dous anos que non viamos expor en Madrid a Salomé Bastardés Rodilés-San Miguel, coñecida como Kuka Bastardés para a arte (moitos artistas cambian ou modifican os seus nomes na arte, como algúns relixiosos o fan, cando profesan en relixión).” Para a artista “galega”, galega de adopción…
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro de José Besteiro, FRANCISCO UMBRAL MANUAL DE INSTRUCCIONES.   Acompañando ao escritor estiveron Daniel Gavela, ex director xeral da SER, Catro e CNN+, e Bieito Rubido, director do Debate.  Nacido en Riotorto (Lugo) en 1963, José María Besteiro é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e ten un máster en Dirección e Produción de Radio e Televisión pola Boston University. José Besteiro é xornalista e escritor. Colaborou como articulista en ABC e El País. Neste…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na recepción ofrecida en Embaixada de Xapón en España, polo  Embaixador D.Takahiro Nakamae como anfitrión, que celebrou o natalicio da súa Maxestade Imperial o Emperador Hiro-non-miya Naruhito.  Na residencia do Embaixador estiveron presentes corpos diplomático de distintos países, autoridades españolas, amigos e invitados especiais.
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu Jesús Ángel Sánchez García (A Coruña, 1967), catedrático de Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela,  e que leva por título: "Antonio Palacios. Obra e legado nunha viaxe de ida e volta de Galicia a Madrid". Jesús Ángel Sánchez deu coñecer os resultados da actividade profesional en Madrid e no resto de localidades españolas nas que tamén atopamos a pegada de Palacios: Málaga, Mengíbar (Xaén), O Porriño, Mondariz e Nigrán (Pontevedra) e Ávila, entre outras. O Palacio de…
A Casa de Galicia en acolle durante este mes de febreiro a exposición de pintura  “CONVERSACIONES CON LA COTIDIANIDAD” do artista de Val Miñor, David Quinteiro, coñecido por pintar retratos de interlocutores dos grandes cafés galegos.  O autor trae á Casa de Galicia unha mostra de retratos e escena cotiás que conectan rapidamente co público, e que consta de varias series con temáticas concretas que se involucran unhas con outras dialogando e construíndo historias fílmicas.  David Quinteiro, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é un observador do cotián; a través da súa…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación da fundación VAC-AN, presidida pola  viúva do artista, Anne Nikitik. O proxecto percorre a traxectoria do artista lucense, sobriño de Pimentel, que legou á súa morte unha "infinidade de obras e moitos tesouros" .  José Vázquez Cereijo (1940-2016) foi un pintor, gravador, poeta e coleccionista lucense.  Coa intención de manter vivo todo o seu legado, do que o artista a fixo responsable, Nikitik fai realidade esta fundación.  Sobre a figura do Vázquez Cereijo falaron outros artistas como Menchu Lamas, Miguel…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da primeira novela de Xaime Toxo, coa que debuta como novelista, e que leva por título “70° Norte”. O autor do libro estivo acompañado do xornalista Alfonso Armada; o profesor e escritor Vicente Araguas; e do xornalista Francisco Rodríguez.  Nesta distopía fantástica, o autor presenta o colapso social que sucede nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou en Madrid Fusión Alimentos de España que regresou a IFEMA MADRID para conmemorar a súa vixésima segunda edición baixo a lema "Where it all begins" / "Onde todo comeza".  A Xunta de Galicia, cun stand propio, recibiu numerosas visitas de profesionais que se interesaron polos produtos de alta calidade de distintas zonas, así como polos seus viños.  Galicia demostra unha vez máis que é un epicentro onde se orixina a excelencia culinaria, e a súa caseta está a servir como espazo de encontro para o talento emerxente, o…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro, “El cambiazo” do escritor Xaquín López.  O xornalista de TVE presentou o libro, acompañado por Julián Merino, realizador de En Portada de TVE, no que recolle a investigación sobre a polémica primitiva premiada. Cunha ampla experiencia como xornalista de investigación —principalmente en TVE—, Xaquín López García (Chantada, 1962), acaba de publicar El cambiazo, un libro que aborda o soado caso do boleto da Primitiva premiado con 4,7 millóns de euros que foi reclamado por máis de trescentas persoas. O…
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación, “Ribadeo, a contrapunto”,  que reuniu na Casa de Galicia a personalidades de diversos sectores.  Un encontro que serviu para dar a coñecer e potenciar a localidade, da que queren destacar a súa diversidade de atractivos, capaces de namorar aos visitantes, porque ten de todo e para todos. Xa o nome elixido para a nova marca reflicte a harmonía da que presume a localidade "cunha singularidade propia", segundo destacou o alcalde ribadense, Daniel Vega, moi satisfeito do resultado dun acto que tivo como…