Notas de prensa

Trátase dunha iniciativa desenrolada pola Fundación Balms para a Infancia, a Fundación Solidariedad, o Centro Integral para o Desenvolvemento Local (CIDEL) e a Fundación Granitos de Paz, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Esta proposta nace co obxectivo de pór en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas sociais transformadora. Desde a Fundación Balms para a Infancia levan dúas décadas traballando polos dereitos da infancia máis desfavorecida, explicou Antonio Heredero, Presidente da Fundación Balms.  Entre outras estratexias fano a través da arte, achegando as…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do programa Referentes Galegas, organizado por Executivas de Galicia, na que se fixo presente a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez. A presentadora de televisión e socia de Executivas, Silvia Jato presentou o evento. A benvida correu a cargo da Presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.  No acto proxectouse un vídeo promocional do proxecto de Executivas que resumía o espírito deste proxecto, “un vídeo no que era imposible incluílas a todas”, afirmou Silvia Jato, pero co que Executivas…
A Casa de Galicia foi o marco elixido por José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School para presentar o seu libro “A nova dirección de persoas”. Este enxeñeiro aeronáutico e Doutor en CC. Económicas e Empresariais explica con esta obra as áreas de liderado, confianza e felicidade, incorporando novos aspectos investigados. “Cada vez máis as organizacións en xeral e as empresas en particular necesitan profesionais comprometidos” dixo o autor, que se pregunta “se segue sendo utópico falar de confianza e felicidade na empresa”. A resposta atopámola, segundo…
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura de Antonio Palacios pon en marcha a Casa de Galicia en Madrid da man da artista e sobriña-bisneta do arquitecto galego, Amelia Palacios. O responsable de Emigración destacou a importancia desta mostra coa que se inician os actos de homenaxe ao arquitecto de Porriño polo 150 aniversario do seu nacemento, destacando a importancia que Palacios tivo para enriquecer a arquitectura galega, “xa que axudou a afianzar a súa identidade, especialmente en Madrid, onde realizou diversos…
 A  Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura, “Rutas de color, pinceladas de vida” de  José María de Urda. A inauguración desta exposición contou coa presenza de Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta na Coruña. Durante a súa intervención, Trenor agradeceu ao artista o seu interese por mostrar a realidade paisaxística de Galicia, outorgando especial importancia á cidade de A Coruña , á que dedica boa parte da súa obra. O delegado da Xunta non deixou pasar por alto o reflexo dun realismo paisaxístico que mostra a historia compartida e a cultura, e lembrou como ao ver…
A Casa de Galicia en Madrid  acolleu a presentación por parte da editorial Hércules de Edicións,  do libro "Máis Galicia entre copas", unha edición renovada e actualizada da obra publicada en 2015, "Galicia entre copas", de Mariano Fisac. En 2029 lanzou coa mesma editorial Viños e lugares para momentos inesquecibles. Acompañando ao autor estiveron, Dominique Roujou de Boubee, da consultoría de viticultura e enoloxía Terroir en Botella e Laura Rodríguez Herrera, editora de Hércules de Edicións. Mariano Fisac destacou como xurdiu "Máis Galicia entre copas": “A pesar de levar case dez anos no…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na presentación do “Galiverso empeza aquí”.  Trátase unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dunha maneira diferente. O que visite a Casa de Galicia, poderá viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias. Así o explicaba…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na charla-coloquio que leva por título: "Cela por Cela. El Cela viajero más desconocido". Serrano afirmou, referíndose a Camilo Cela Conde, que “para a Casa de Galicia supón unha honra recibirte hoxe aquí e poder escoitar falar dunha persoa que é un imprescindible na historia da nosa literatura universal”.  O director lembrou ao público asistente que precisamente, unha das  salas de  exposición da sede da Xunta en Madrid leva o nome de Camilo José Cela. Serrano rematou a súa intervención lendo parte do discurso que pronunciou o propio…
 Juan Serrano, director da Casa de Galicia, participou no ciclo: Encontros con Talento, que a compañía de xestión integral de RRHH, Nortempo, ofreceu, en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos de Madrid, un evento sobre o talento global sen condicións de orixe, territorio ou cultura. Incluíu unha mesa de debate que tivo como referente o talento como motor de cambio nas organizacións. Moderado polo director xeral de Transformación e Desenvolvemento de Grupo Nortempo, Guillermo Pérez, o coloquio contou coa visión experta do fundador e CEO de TRIVU, Pablo González Ruiz da Torre; a…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación por parte da editorial alhenamedia do libro publicado o pasado 9 de maio co título "Camiño nebuloso", de Xosé Neira Vilas, con prólogo de María Luz Barreiro Otero. Esta é a primeira vez que se publica este título en castelán en España, aínda que se editou en castelán por primeira vez en 1961 na Habana. Na presentación participaron Clara García Vila, profesora do Centro de Estudos Galegos da UCM; e Francisco Bargiela, director da editorial Alhenamedia. Xosé Neira Vilas (1928-2015) é un dos grandes escritores galegos. A súa obra "Memorias dun…