Notas de prensa

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao alcalde de Friol, José Ángel Santos que presentou na Casa de Galicia a Feira do Queixo e Pan de Ousá, que terá lugar o próximo 26 de marzo na Praza Andón Cebreiro e no Parque Rosalía de Castro do municipio. O director da Casa de Galicia manifestou ter no seu ADN  o rural galego no que traballou desde moi novo e fixo referencia ao queixo tirando do refraneiro para poñer en valor estes produtos que foron degustados tras a presentación por un cento de persoas. O alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos non deixou pasar…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid participou na proposta turística de Ferrol, que desembarcou en Madrid o pasado martes ante medio centenar de medios de comunicación e axencias de viaxes para dar a coñecer o que esta cidade ten para ofrecer ao visitante. O acto deu comezo, presentado polo CEO do Grupo RVEdipress e Director do programa ‘Miradas Viajeras’ de Radio e TV, Fernando Valmaseda, quen, en todo momento, achegou a súa particular forma de sentir, contar e compartir historias do destino cos asistentes. Foi o encargado de presentar o vídeo promocional ‘É o destino. É…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu na tarde de onte a inauguración da exposición de Amalia Costa que leva por título “Salitre”.  A pintora, natural de Muros, deu a coñecer unha colección de 12 pezas presentadas baixo  un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza  nos seus ‘recordos’ de Muros e no mar como tema central da súa obra pictórica.  Os cadros de Amalia Costa deixan ver, tocar algas e peixes diminutos, cangrexos e cunchas; aboias, redes, barcas, ou os reflexos das ondas. Os recordos da súa infancia en Muros traen aos seus cadros os xeados despois dunha tarde…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida a Antonino Nieto, que se define a si mesmo como poeta, videoartista, creador de espectáculos e rituais nos que xunta literatura, artes plásticas, circo, performers ou ballets, e que presentou na tarde de hoxe o seu poemario “El pulgar de la alegría”. Ilia Galán director da colección foi o encargado de presentar ao polifacético escritor nado en Verín e colaborador habitual en diferentes programas de radio e revistas culturais. Publicou máis de corenta libros, dos cales algúns deles foron traducidos ao inglés, ruso, alemán, italiano e…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida no día de onte ao maxistrado de orixe ourensá, José Antonio Vázquez Taín que presentou o seu último documental repasando a historia do traxecto que uniu o norte e o sur peninsular durante máis de mil anos e que constrúe un relato audiovisual a modo de documental a través dos séculos e que pon en valor a memoria histórica da Vía da Prata. O traxecto deste itinerario discorre pola terra que o viu nacer, feito que o motivou a involucrarse neste proxecto coa intención de dar a coñecer a súa importancia, e facer visible unha ruta pouco…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano inaugurou a exposición didáctica de traxes tradicionais de Galicia que corre a cargo da profesora de canto, pandereita e baile tradicional, María Susana Peleteiro, que poderá visitarse durante todo o mes na sala Álvaro Cunqueiro.  Serrano mostrouse satisfeito por acoller na sede da Xunta en Madrid esta exposición xa que “é diferente, mostra en Madrid unha vez máis nosa singularidade como pobo e a necesidade de difundir todo o bo que ten Galicia, desde a súa paisaxe, a súa gastronomía, a súa lingua propia, e como non, a súa moda, na que se inclúen…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida no día de hoxe a máis dun cento de persoas que abarrotaron a sala Emilio Pardo Bazán no acto de promoción de Filloas da Pedra.  Serrano, estivo acompañado por José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña; José Manuel Mallón Ardións, cociñeiro profesional e membro da asociación; e por Mónica Tomé Rei, secretaria da Asociación Filloas da Pedra da Baña quen explicou aos asistentes que esta asociación foi creada no ano 2007 para recoller a tradición de cociñar sobre unha pedra un produto tan galego como son as filloas. “…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao distintivo de calidade Ternera Gallega Suprema.  O director da Casa de Galicia manifestou ter no seu ADN  o rural galego no que traballou dende moi novo. Serrano afirmou que “o sector primario non entende de siglas nin de partidos; entende de colaboracións entre  responsables de institucións para conseguir un produto excelente e con un compromiso medioambiental e co rural”. Por último, o director da Casa de Galicia non deixou pasar a ocasión de agradecer ao  Conselleiro do Medio Rural, José González ter posto en marcha a…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida no día de onte á presentación do libro de Manuel Orío “Ocho Perros”   O xornalista e columnista de Atlántico, do que foi director, presentou a súa segunda novela, “Ocho perros” que nesta ocasión mergúllase no mundo da intriga e do crime, e que ten como escenario as rúas de Vigo, “cidade que Manuel coñece como ninguén grazas ao seu traballo como xornalista”, contextualizou Juan Serrano.   A novela editada por Editorial Elvira mergúllase no xénero negro tendo como escenario Vigo nos sempre evocadores anos 80. Ao finalizar a…
- A través de medio cento de instantáneas, a mostra relata a traxectoria do Porco Celta dende inicios do século XX e recolle os principais fitos acadados por Asoporcel para a súa recuperación. - A exposición estará durante a segunda quincena de febreiro na Casa de Galicia en Madrid, onde tamén se ofrecerá o martes 21 unha degustación de cocido de Porco Celta á que asistirán distintos representantes do sector gastronómico. O director de la Casa de Galicia, Juan Serrano inaugurou a exposición que leva por título, “Crónica da pegada do porco celta en Galicia”, e que poderá visitarse durante…