Notas de prensa
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación do libro "Guía Ler e Ver Lisboa", de Patricia Portela e Rui Cardoso Martins.
Interviñeron ademais dos autores, o xornalista e escritor Alfonso Armada. O acto contou coa presenza do Embaixador de Portugal, João Mira Gomes.
Serrano destacou na súa benvida o vínculo tan especial entre Portugal e Galicia, “non só están irmáns por unha liña invisible que un día foi fronteira. Galicia e Portugal son irmáns por algo que une moito máis que iso, unha lingua. Por ese motivo, os galegos nos sentimos moi identificados co…
A Casa de Galicia en Madrid recibiu esta mañá unha visita moi especial. O Centro Plurilingüe Sagrado Corazón Placeres fíxose presente na Delegación da Xunta.
Case medio cento de alumnos e alumnas de terceiro de ESO, que xunto coas súas profesoras, Mar Vázquez e Ana Pascual están de visita cultural na capital de España, tiveron a oportunidade na xornada de hoxe de gozar das dúas exposicións que se mostran na Casa de Galicia.
Os estudantes mostráronse moi interesados non só polas obras de arte do escultor galego Miguel Núñez e os traxes da mezzosoprano Teresa Berganza, senón que preguntaron…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, deu a benvida a Juan Fariña, que presentou, “Ou que foi”, segunda obra da súa carreira como escritor que se centra na desaparición dos pobos que asolagou o encoro de Belesar, centrándose en Portomarín.
Fariña contou na presentación que se documentou moitísimo. “Falei con xente de alí que me contou cousas interesantes do pasado. Eu destacaría as conversacións cos do pazo de Berbetoros e con Pereira, que é a memoria fotográfica de Portomarín. Meto personaxes no libro como Barrié da Maza ou Carmen Polo. Tanto no pasado como no presente hai…
O director de la Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na tarde de onte na inauguración da exposición de traxes da mezzosoprano Teresa Berganza, que leva por título: “Colección de traxes de Teresa Berganza, camiño longo da miña vida”, e que poderá visitarse na sala Camilo José Cela da Casa de Galicia.
Serrano mostrouse satisfeito por acoller na Casa de Galicia esta exposición xa que “é diferente, pois nunca a Casa de Galicia acollera unha exposición de moda”, rematou o director, seguro de que iniciativas como estas, pon en valor o patrimonio cultural galego.
Román Padín, licenciado…
A Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura e escultura do artista lucense, Miguel Núñez, que presentou ante máis de medio cento de persoas unha obra que mostra unha ampla selección de pezas coa que establece un diálogo entre materias como a madeira e o metal, para confluír nunha mestura de volumes e texturas que cobran formas sorprendentes, ben en escultura, ben en pintura de esmalte degradado en sobre zinc.
Núñez explicou aos asistentes, que o interese de traballar con este material xorde de experimentar coa natural maleabilidade, buscando unha obra híbrida entre un cadro…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación da novela, “Mi flor de Liss” da escritora con orixe en Santiago, Marinieves Garabal.
A autora estivo acompañada durante a presentación polo Dr. D. Alfonso Chinchilla, neurólogo; polo Dr. D. Luis Rodríguez Padial, cardiólogo; pola Dra. Dª Adela Alonso, psicóloga; e o editor, Ignacio Rodríguez.
Marinieves Garabal, coa súa consabida sutileza e sensibilidade sabe chegar a alma dos lectores. Conseguiuno nas súas tres anteriores novelas, así coma nos múltiples artigos publicados e faino agora con esta apaixoante…
A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, foi o escenario onde a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) entregou o nomeamento de Membro de Honra concedida ao Presidente Emérito do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.
Asistiron ao acto parlamentarios, membros de Iurisgama e membros e directivos doutras asociacións de profesionais galegas en Madrid, como Asomega e Aegama.
O secretario de Iurisgama, Jesús Gómez Montero, leu a acta da asemblea xeral, na que por unanimidade tomou o acordo deste nomeamento.
No acto tamén participaron Carlos Lema Devesa,…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao alcalde de Friol, José Ángel Santos que presentou na Casa de Galicia a Feira do Queixo e Pan de Ousá, que terá lugar o próximo 26 de marzo na Praza Andón Cebreiro e no Parque Rosalía de Castro do municipio.
O director da Casa de Galicia manifestou ter no seu ADN o rural galego no que traballou desde moi novo e fixo referencia ao queixo tirando do refraneiro para poñer en valor estes produtos que foron degustados tras a presentación por un cento de persoas.
O alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos non deixou pasar…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid participou na proposta turística de Ferrol, que desembarcou en Madrid o pasado martes ante medio centenar de medios de comunicación e axencias de viaxes para dar a coñecer o que esta cidade ten para ofrecer ao visitante.
O acto deu comezo, presentado polo CEO do Grupo RVEdipress e Director do programa ‘Miradas Viajeras’ de Radio e TV, Fernando Valmaseda, quen, en todo momento, achegou a súa particular forma de sentir, contar e compartir historias do destino cos asistentes. Foi o encargado de presentar o vídeo promocional ‘É o destino. É…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu na tarde de onte a inauguración da exposición de Amalia Costa que leva por título “Salitre”.
A pintora, natural de Muros, deu a coñecer unha colección de 12 pezas presentadas baixo un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza nos seus ‘recordos’ de Muros e no mar como tema central da súa obra pictórica.
Os cadros de Amalia Costa deixan ver, tocar algas e peixes diminutos, cangrexos e cunchas; aboias, redes, barcas, ou os reflexos das ondas. Os recordos da súa infancia en Muros traen aos seus cadros os xeados despois dunha tarde…