Notas de prensa

Acompañou e presentou ao conferenciante o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, en representación do director da mesma e delegado da Xunta, José Ramón Ónega. Jiménez presentou ao conferenciante como gran coñecedor da España do século XIX e lembrou que pronunciou outras conferencias nesta Casa, a última "fai xa case dous anos sobre o Marqués de Salamanca", e que nela presentou o seu libro "Héroes en el olvido". Engadiu que tamén é autor da novela histórica "Honra y rebeldía" e doutros libros como "Pequeña estatuaria de bronce", " Armería vasca de lujo no século XIX", "Desafíos", "…
Na presentación da obra interviñeron, ademais do autor e o xerente da editorial, José Luis Teófilo Piñeiro, o exembaixador de España en China Felipe de la Morena y Calvet, o escritor Juan Morillo, a xornalista Ana Fuentes e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes había algúns alumnos chineses de Pepe Castedo que residen en España. Ónega explicou que o libro trata da enigmática vida de Pepe Castedo, un personaxe interesantísimo, alcumado El Gallego, fillo de asturiano e ferrolá, que tras a guerra civil exiliouse en Francia e que…
No acto interviñeron o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez; o presidente do grupo editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada e o propio autor Vicente Araguas. Jiménez fixo a presentación en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e nela lembrou que o autor, "o noso amigo poeta, escritor, prestixioso crítico literario -e unha chea de cousas máis- Vicente Araguas, é tamén fillo predilecto de Xuvia-Neda, a súa localidade natal". Logrou algo que poucos conseguen, "ser profeta na súa terra". "A poesía escríbese ou ela…
A exposición foi presentada polo vicepresidente do Instituto Seda España, Enrique Gaspar Rodríguez, e o director xeral da Real Fábrica de Tapices, Alejandro Klecker. Nela faise un percorrido por esta industria milenaria, desde a súa orixe -como se xesta un verme- á perspectiva de desenvolvemento sustentable da axenda 2030 de Nacións Unidas, pasando pola súa chegada a España e Europa, a creación das Reais Fábricas e como se introduciu en ámbitos científicos como a medicina ou a industria da cosmética. Entre outras cousas, poden verse nela deseños de Balenciaga, de Agatha Ruiz de la Prada,…
O recibimento dos invitados fíxose, como xa é habitual, cos sones da música tradicional e que nesta edición correu a cargo da agrupación do Centro Galego de Madrid. A presentación do acto de entrega realizouna o secretario de FAGAMA, Fernando Gómez, quen enumerou algunhas das moitas responsabilidades de Ana Pastor. O presidente de FAGAMA, Ovidio Cadenas foi o encargado da entrega. Pola súa banda Ana Pastor agradeceu "moi sinceramente a distinción e máis teniendo en cuenta que vén dos meus propios paisanos", e destacou a "unión e camaradería" que existe entre todas as asociacións da…
O Presidente do Tribunal Constitucional, D. Juan José González Rivas, fixo entrega do galardón a D. Antonio Garrigues Walker. Participaron desde a Mesa Presidencial: o Presidente do Tribunal Constitucional; a Ministra de Xustiza; o Alcalde de Madrid; a Presidenta do Consello de Estado; a Presidenta do Tribunal de Contas; o Defensor do Pobo; o Presidente do Xurado do Premio Pelayo e Conselleiro Permanente de Estado; e o Presidente de Pelayo. Ademais, esta 25 edición contou coa Presidencia de Honra de S.M. o Rey. Entre os asistentes atopábanse personalidades de recoñecido prestixio entre as…
O encargado de recibir e dar a benvida aos invitados foi o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega. Jiménez explicou que "baixo o epígrafe da recuperación da súa memoria histórica e da conservación do seu patrimonio cultural Cambados impulsa iniciativas sobre a historia local coa intención de contribuír ao coñecemento dese patrimonio cultural común". E engadiu que "debe felicitarse ao Concello por estas iniciativas, por ser este municipio pródigo en riquezas diversas desde antigo" Non en balde por el…
A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid naceu para ser en Madrid lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e a diversa realidade creada polo fenómeno da Peregrinación e está aberta a cuantos ámbitos de coñecemento poidan axudar no estudo do Camiño e a peregrinación a Compostela, entre outros os da historia, a arte, a xeografía, a filosofía, a lexislación, a enxeñería ou a socioloxía. Nesta XIX edición o Seminario tratou dous interesantes temas: "A RESTAURACIÓN DO PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO" pola directora de restauración do Pórtico da Gloria, Ana Laborde…
No acto interviñeron ademais da propia autora Mila Villanueva, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega; o xestor cultural e escritor Antonino Nieto; e a editora Lidia López Miguel. Jiménez comentou nas súas palabras que o libro de Mila Villanueva publicado na colección Alcalima de Poesía conta cun prólogo do escritor José Ángel García Caballero e imaxes do ilustrador Cándido Solaz. En canto á autora, Mila Villanueva, natural de Vigo aínda que residente en Valencia, é escritora e xestora cultural así…
Tras as palabras de benvida por parte do coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación interviñeron: o presidente de AEGAMA, Julio Lage e por parte de Mercado Hispano, Antonio Sancristán e Lucía Espinosa. Lage subliñou "a satisfacción que supón poder contar con Mercado Hispano como nova empresa asociada, desexándolle unha longa vida chea de éxitos, para Galician Dry Towers Gin, e para Lucía e Antonio como novos socios. Que nos atopemos en medio mundo Galician Dry Towers Gin e que con ela brindemos en…