Notas de prensa
Madrid, 21 de novembro de 2022- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou na Casa de Galicia de Madrid, acompañada do director, Juan Serrano a rede de apoio ao emprendemento e ao emprego que a Xunta está a despregar por toda Galicia para garantir de principio a fin, apoio continuo a persoas emprendedoras, en todas as etapas que inclúe o inicio dun proxecto empresarial.
Serrano referiuse na súa presentación a Lorenzana como “persoa que destaca polas súas calidades humanas. Unha conselleira que é máis estadista que política. A súa capacidade de…
Madrid, 16 de novembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar, que fixeron gozar ao público que se congregou na Casa de Galicia en Madrid para escoitar as súas saxofones nun concerto que levaba por título “Luminiscencia”.
Adrián Sánchez é un músico que está interesado en manter a esencia de cada época en cada unha das súas interpretacións. A súa paixón pola música comezou á idade de 9 anos na Escola de Música de Vila de Cruces (Pontevedra) e na Escola Municipal de Música e Danza de Santiago de Compostela, para…
Madrid, 17 de novembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Jesús García Martínez, natural de Viana do Bolo, que presentou o seu libro “Cuaderno de Viana” na capital de España en compañía de Héctor Luis Suárez Pérez, catedrático de etnomusicología do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
Jesús García Martínez, coñecido como Jesu, é natural de Viana do Bolo, pero a súa familia trasladouse a León cando el era un neno. Aínda así, todos os anos regresaba á súa terra natal para gozar das vacacións. No verán de 1961, os seus pais decidiron contratar…
Madrid, 16 de novembro de 2022.- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reivindicou hoxe en Madrid o valor xornalístico e literario de Julio Camba no acto de presentación de Julio Camba, un nudista en Vilanova, a nova biografía do cronista arousán publicada por Benito Leiro e editada por Teófilo Comunicacións co apoio da Xunta.
O acto celebrouse nun lugar especialmente simbólico na vida de Camba, o hotel Palace de Madrid, onde pasou os últimos 13 anos da súa vida. Xunto a Román Rodríguez estiveron o escritor Ramón Pernas, o tenente de alcalde de Vilanova de…
Madrid, 16 de novembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Manuel López Poy, Pepe Rey e Miguel Fernández, que presentaron o seu libro “La Espada de San Eufrasio”.
As aventuras da familia Rosendo, os bandoleiros dos Ancares, o bispo de Lugo, o conde de Lemos e outros nobres regresan para despedirse na quinta e última entrega do cómic, “A espada de San Eufrasio”. Titulado “Descanse en paz”, o tomo péchase coa segunda Revolta Irmandiña.
O debuxante Miguel Fernández (natural de Baralla) e os guionistas Pepe Rey (madrileño descendente de villalbeses) e…
Madrid, 14 de Novembro de 2022.- A Casa de Galicia en Madrid colabora na celebración do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, cuxo obxectivo é ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da Peregrinación creou.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano presentou esta tarde o acto da conferencia inaugural no que tamén interviñeron, José Antonio Ortiz, director da revista “Peregrino” e o escritor e peregrino madrileño, Andrés…
Madrid, 11 de novembro de 2022.- Juan Serrano acompañou ao alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, anunciou que o pobo lucense é un dos finalistas, o único galego, para ser sede da iluminación da marca de bombones.
Portomarín é un dos sete finalistas para iluminar as súas festas e ser sede do anuncio do Nadal de Ferrero Rocher. Trátase da novena edición da iniciativa “Xuntos brillamos máis”, que quere que un dos pobos máis emblemáticos de España brille nun Nadal cheo de luz e alegría.
Portomarín destaca polo seu “encanto, riqueza cultural, gastronomía e o poder de acollida dos seus veciños”,…
Madrid, 10 de novembro de 2022.- Juan Serrano acudiu ao acto de entrega do XXVIII Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio, que tivo lugar no Casino de Madrid, e que foi outorgado á Excma. Sra. Dna. María Luisa Segoviano Astaburuaga pola súa longa e frutífera traxectoria no ámbito xurídico e a súa gran contribución á sociedade española.
Ao acto asistiu o Xurado en pleno, presidido polo Excmo. Sr. D. Antonio Garrigues Walker. Pola súa banda, a Excma. Sra. Dna. María Emilio Casas Baamonde, Presidenta Emérito do Tribunal Constitucional realizou a descrición da galardoada.
A mesa…
Madrid, 10 de novembro de 2022.- A Casa de Galicia, deu a benvida á poeta Branca Vilela que presentou o seu libro “Pesadelo da Creación” xunto a Vicente Araguas, crítico literario e Javier Dámaso, catedrático de Dereito e poeta.
Branca Vilela é nacida en Fisterra, A Coruña. Os seus poemas están presentes en diferentes universidades de E.U. e foron traducidos ao inglés, francés ou árabe, entre outros idiomas.
“Pesadelo da creación” é un poemario “escrito desde o máis profundo, desde as vísceras” afirmou Javier Dámaso.
Pola súa banda, Vicente Araguas cualificou a Branca Vilela como unha “…
Madrid, 4 de Novembro de 2022.- O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á inauguración da exposición “Morriña de Estrelas” composta por diversos lenzos nos que se representan figuras e composicións inspiradas no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Rodríguez Miranda e Lola Doporto foron recibidos nesta inauguración polo director da Casa de Galicia, Juan Serrano.
Tal e como asegurou Rodríguez Miranda, esta mostra chea “de plasticidad expresiva e cor” un espazo expositivo de primeira orde como é a Casa de Galicia en Madrid. Felicitou á…