Notas de prensa

O xeodestino Ribeiro-Carballiño presentouse na Casa de Galicia en Madrid a prensa especializada en Turismo e Gastronomía. O director da mesma, Javier Vázquez, foi o anfitrión deste evento que amosou as bondades do xeodestino, pero tamén da provincia en xeral. O xeodestino Ribeiro-O Carballiño está integrado pola práctica totalidade dos concellos de ambas as dúas comarcas. O encargado de presentar a riqueza turística que ofrecen os diferentes municipios adheridos ao xeodestino foi o seu presidente, Francisco José Fernández, quen afirmou “que se trata do territorio máis termal da provincia…
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou onte na Casa de Galicia en Madrid xunto ao director, Javier Vázquez, a oferta de entroidos tradicionais galegos ante máis de medio cento de representantes de axencias de turismo. A intención é, como expresou, reforzar a chegada de viaxeiros nacionais fóra de temporada alta e seguir consolidando o Entroido galego “como unha das ofertas turísticas con máis potencial do inverno galego”. Xosé Merelles recordou a aposta da Xunta de Galicia por manter e divulgar os entroidos tradicionais a través de distintas iniciativas como a posta en…
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos e Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, participou esta tarde nun acto de promoción dos viños gañadores nas Catas de Galicia 2023, na Casa de Galicia en Madrid. Alí, José González puxo de relevo a longa traxectoria das Catas de Galicia, que levan xa 35 edicións impulsadas polo Goberno galego co obxectivo de recoñecer e premiar o bo facer dos produtores e adegas da nosa comunidade. Neste sentido, o conselleiro definiu o proceso de elaboración do…
O director da Casa de Galicia en Madrid , Javier Vázquez, participou  no acto de inauguración da II edición dos cursos de lingua e cultura galega que organizan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia en colaboración coa Casa de Galicia, e que consta de 70 horas. Desenvolverase ata o próximo mes de xuño. Vázquez Prado deulle a benvida en nome da Xunta aos máis de vinte alumnos aos que trasladou a importancia que posúe a proxección exterior da lingua e da cultura galega para o Goberno de Galicia. O director incidiu tamén no interese de seguir mantendo o…
O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, deu a benvida a Carmen Prado e a Jesús Vázquez que presentaron a súa obra pictórica, “Personaxes” e “Os meus novos abstractos”, respectivamente. A pintora autodidacta Carmen Prado inaugurou tempada outonal de exposicións a visitar na Casa de Galicia. “Pinto por afección e por pura intuición, e encontro na pintura unha forma elemental de expresarme”, dixo a pintora que pretende coa súa obra adentrarnos no seu mundo persoal.  A forma e a composición son o seu cartón de presentación máis clara, con aveludadas mesturas de cor xunto coas súas liñas…
Trátase dunha iniciativa desenrolada pola Fundación Balms para a Infancia, a Fundación Solidariedad, o Centro Integral para o Desenvolvemento Local (CIDEL) e a Fundación Granitos de Paz, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Esta proposta nace co obxectivo de pór en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas sociais transformadora. Desde a Fundación Balms para a Infancia levan dúas décadas traballando polos dereitos da infancia máis desfavorecida, explicou Antonio Heredero, Presidente da Fundación Balms.  Entre outras estratexias fano a través da arte, achegando as…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do programa Referentes Galegas, organizado por Executivas de Galicia, na que se fixo presente a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez. A presentadora de televisión e socia de Executivas, Silvia Jato presentou o evento. A benvida correu a cargo da Presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.  No acto proxectouse un vídeo promocional do proxecto de Executivas que resumía o espírito deste proxecto, “un vídeo no que era imposible incluílas a todas”, afirmou Silvia Jato, pero co que Executivas…
A Casa de Galicia foi o marco elixido por José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School para presentar o seu libro “A nova dirección de persoas”. Este enxeñeiro aeronáutico e Doutor en CC. Económicas e Empresariais explica con esta obra as áreas de liderado, confianza e felicidade, incorporando novos aspectos investigados. “Cada vez máis as organizacións en xeral e as empresas en particular necesitan profesionais comprometidos” dixo o autor, que se pregunta “se segue sendo utópico falar de confianza e felicidade na empresa”. A resposta atopámola, segundo…
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura de Antonio Palacios pon en marcha a Casa de Galicia en Madrid da man da artista e sobriña-bisneta do arquitecto galego, Amelia Palacios. O responsable de Emigración destacou a importancia desta mostra coa que se inician os actos de homenaxe ao arquitecto de Porriño polo 150 aniversario do seu nacemento, destacando a importancia que Palacios tivo para enriquecer a arquitectura galega, “xa que axudou a afianzar a súa identidade, especialmente en Madrid, onde realizou diversos…
 A  Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura, “Rutas de color, pinceladas de vida” de  José María de Urda. A inauguración desta exposición contou coa presenza de Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta na Coruña. Durante a súa intervención, Trenor agradeceu ao artista o seu interese por mostrar a realidade paisaxística de Galicia, outorgando especial importancia á cidade de A Coruña , á que dedica boa parte da súa obra. O delegado da Xunta non deixou pasar por alto o reflexo dun realismo paisaxístico que mostra a historia compartida e a cultura, e lembrou como ao ver…