Notas de prensa

Na presentación, que estivo presidida polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, interviñeron: os organizadores do concurso Xavi Castro e Olalla Rodríguez; Jhon Varo da empresa AA360; e Araceli Fernández, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. "A fotografía é a verdade. O cinema é a verdade 24 veces por segundo", dixo Ónega citando a Jean-Luc Godard tras as súas palabras de benvida e sinalou que "o certame é unha idea excelente e desde logo á zona atractivos non lle faltan para que se roden curtos, películas, series e o que se queira…
A mesa presidencial da Asemblea estivo composta por Julio Lage, presidente da Asociación; Javier Saguar, vicesecretario; Gaspar de Vicente, tesoureiro; e Isabel Noriega, directora. Tras a lectura da acta da Asemblea anterior, presentouse e ratificou a Memoria de Actividades do ano 2018, organizadas para os socios. Entre elas, citar como exemplo, a "Entrega do XII Premio Victoriano Reinoso ao empresario Amancio López Seijas"; "céa-coloquio co ministro Rafael Catalá"; a "Xornada de traballo para mellorar a cualificación profesional de xoves no ámbito comercial e máketing, con EFA Piñeiral"; o…
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, saudou á coordinadora de Programas de Acción Social da Fundación Barrié, Greta Fábregas; ao director académico do Programa, Carlos Cortés; e tamén a Pilar García de Viedma, encargada de impartir os contidos do II Seminario, dándolles a todos a benvida á Casa. Seguidamente, dado que gran parte do alumnado asistía por primeira vez á institución galega Ónega dirixiulles unhas breves palabras nas que explicou, de forma moi resumida as funcións da Casa, e finalizou desexando que a xornada "sexa de gran aproveitamento para todos",…
No acto interviñeron o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega-; a coordinadora do grupo editorial Tierra Trivium, Albahaca Martín; o escritor e guionista Juanjo Ramírez Mascaró e a propia autora, Laura Orens. Para Jiménez, a novela prologada por Lorenzo Silva, conta con "unha deliciosa cuberta na que se reproduce un porco máis ou menos sobre rodas, pero que ben podería ser -en vez dun cabalo- un porco de Troia". A xuízo do coordinador, non é desatinado que "sobre o pano de fondo da industria cárnica…
Ademais da autora, participaron na presentación Pilar Pin, ex directora xeral da Cidadanía Española no Exterior e exgerente da Fundación Galicia-Emigración; Alfonso S. Palomares, escritor e xornalista; Ángeles Sallé, doutora en Ciencias Sociais e especialista en temas de inclusión dixital e desenvolvemento económico, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes estaba a secretaria de Estado de Migracións en funcións, Consuelo Rumí, e o exconselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio. Ónega deu a benvida a participantes e asistentes…
Jiménez precisou que a exposición se titula "´dous mil dezanove´, en castelán ´dos mil diecinueve´, coas iniciais en minúsculas". "O historiador da Arte David Ferreras, que prologa o catálogo que elaboramos para a ocasión, emparenta a Couto con Brancusi, e ten razón; a min os grupos escultóricos lémbranme ás figuras medio desfeitas de Giacometti, dunha gran expresividade con todo a súa fraxilidade. E desde logo, as enlazadas polos ombreiros tráenme inmediatamente á memoria o famoso ´Abrazo´ de Juan Genovés, de gran formato, instalado na Praza de Antón Martín desta cidade de Madrid", apreciou…
No acto de inauguración interviñeron, ademais da autora, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, -que o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega- e a tamén pintora, Blanca Muñoz de Baena. Jiménez lembrou nas súas palabras a longa e amplamente premiada traxectoria de Victoria Ramírez Escudero, "unha pintora que xa nos visitou en febreiro do ano 2003 e que volve agora con renovados bríos e novas exquisiteces, confirmando sobradamente con estas novas obras a excelencia do seu traballo pictórico". A artista deixa traslucir as…
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, saudou á coordinadora de Programas de Acción Social da Fundación Barrié, Greta Fábregas; e tamén ao director académico do Programa desde o ano 2011, Carlos Cortés, dándolles a ambos de novo a benvida á Casa. "Aquí estamos outra vez", dixo Fábregas, ao que Ónega respondeu, "estamos encantados e iso é o que tedes que facer; seguir co voso magnífico labor, e continuar co voso traballo por un sector que tanto o necesita". Seguidamente Ónega dirixiu unhas palabras á trintena de profesionais que asisten á xornada e que pertencen a…
Xunto a Rodríguez Pastoriza participaron na presentación o profesor e escritor Vicente Araguas e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen interveu en representación do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega. Jiménez lembrou que Rodríguez Pastoriza xa presentou na Casa outros dous libros seus anteriores e que ademais destes escribiu máis libros sobres temas da súa especialidade profesional. Valorou así mesmo que este último é "un tanto especial para el, por canto representa unha homenaxe a Johan Carballeira, quen, como el, era natural de Bueu, na…
Ónega felicitou a AEGAMA por esta iniciativa, "porque é importante adecuarse ás novas tecnoloxías. Así o aconsellan os datos. No terceiro trimestre de 2018 marcouse un fito: por primeira vez, o comercio electrónico creceu a un ritmo do 29,9% e superou a barreira de 10.000 millóns de euros en só tres meses, segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)". Para Isabel Noriega, "AEGAMA fai un importante esforzo para organizar este tipo de xornadas nas que participan empresarios de referencia compartindo as súas propias experiencias, pero é unha forma de que todos saliamos…