Notas de prensa
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na charla-coloquio que leva por título: "Cunqueiro por Cunqueiro. Rescate das súas obras".
Serrano afirmou, referíndose a César Cunqueiro, que “para a Casa de Galicia supón unha honra recibirte hoxe aquí e poder escoitar falar dunha persoa que é un imprescindible na historia da nosa terra”.
O director lembrou ao público asistente que precisamente, unha das salas de exposición da sede da Xunta en Madrid leva o nome de Álvaro Cunqueiro. Serrano rematou a súa intervención agradecendo ao seu fillo o seu compromiso “para coidar e difundir…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano participou na inauguración da exposición “A memoria do son”.
Serrano agradeceu a Luciano Pérez Díaz, comisario da exposición e director da colección de instrumentos musicais do CENTRAD, por traer á Casa de Galicia esta “magnífica” exposición co fin de dar a coñecer pezas únicas que se poñen a disposición do público grazas aos traballos de investigación e recuperación desenvolvidos desde o centro provincial a partir da iconografía medieval.
“A memoria do son” reúne diferentes réplicas de instrumentos musicais que se podían ver e escoitar nos…
A Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de fotografía, “Acogida y hospitalidad en el Camino de Santiago” de Manuel G. Vicente.
A mostra, organizada por Turismo de Galicia, contou coa presenza de Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo, que destacou que “O Xacobeo foi un éxito colectivo, un éxito de toda Galicia”. Durante a súa intervención, detallou as cifras “espectaculares” que fixeron do último Xacobeo un acontecemento histórico que acreditan, subliñou, que Galicia traballou e soubo trasladar a mensaxe de que ”é destino seguro” xa que, como lembrou, a pandemia trouxo moitas…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano participou no concerto ofrecido pola soprano Cecilia Lavilla, filla de Teresa Berganza, mezzosoprano considerada unha das intérpretes máis importantes da súa época de Rossini, Mozart e Bizet.
Serrano mostrouse agradecido a Román Padín, licenciado en Dereito e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e que colabora con diversos sectores industriais, comerciais e artísticos, e que foi o impulsor desta desta iniciativa, que é complementaria á exposición co que se conmemora o 30 aniversario da estrea das Cancións Xacobeas de Antón García…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida no día de hoxe a máis dun cento de persoas que abarrotaron a sala Emilio Pardo Bazán no acto de promoción da Filloa de Muimenta.
Serrano, estivo acompañado por José Armando Castosa, alcalde do Concello de Cospeito; José Manuel Rus, Coordinador de MOEXMU e da Festa da Filloa de Muimenta, e por Daniel Pollán Cabana, presidente da asociación.
“Era necesario que este manxar se presentase na Casa de Galicia para dalo a coñecer ao maior número de xente posible. Os produtos extraordinarios merecen ser compartidos, e este, sen dúbida éo.…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou xunto ao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na Casa de Galicia de Madrid na presentación da segunda edición do Festivalle. Un festival de teatro para homenaxear a Valle-Inclán e recuperar a seu dramaturxia, “un legado que segue sendo unha fonte inesgotable de inspiración para xeracións enteiras de dramaturgos en todo o planeta”, explicou o representante da Xunta de Galicia.
Román Rodríguez destacou a importancia de seguir “trasladando a novos públicos a obra do autor e consolidar o festival como un…
- O acto contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, que clausurou as xornadas.
Julio Ancochea, presidente de Asomega, expuxo no seu discurso as razóns que motivaron a elección dos institutos de investigación sanitaria como receptores da última Insignia de Ouro da entidade. Considera que estas entidades "desempeñan ese papel crucial, que tan bos resultados está a dar en toda España, de conectar o académico e o asistencial para facer efectiva a imprescindible visión e aplicación práctica que dá todo o seu sentido á actividade científica".
Os…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, clausurou o acto de entrega da medalla de ouro aos xenerais de división do Exército Español e da Garda Civil: Excmo. Sr. D. Antonio Romero Losada, Excmo. Sr. D. Luís Cortés Delgado e Excmo. Sr. D. Anxo Alonso Miranda.
Tamén lles foron entregados de diplomas e metopas aos centros galegos en Madrid: Centro Galego de Madrid, Asociación “Corredos do Henares” e Xuntanza de Alcobendas.
O acto contou, entre outros persoeiros, coa presenza do Presidente da Academia Xacobea e patrón, D. Xesús Palmou Lorenzo.
O acto estivo presentado por…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na segunda xornada da II FEIRA DA SAÚDE, organizada por ASOMEGA, que se prolongará ata o día de hoxe, e que contará coa presenza do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña para a clausura.
“Que ninguén che diga que non podes”. Con esta frase Javier Pitillas, promotor e responsable da asociación DisCamino, resume da forma máis precisa imaxinable a motivación desta entidade que xa leva 93 percorridos pola ruta compostelá.
Neles fixo realidade o soño de case medio milleiro de persoas con discapacidade pero convencidas de…
- Cinco expertos falaron na primeira sesión da Feira da Saúde de Asomega do punto no que se atopa a investigación e tratamento oncolóxicos.
- Na inauguración, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, valorou o recoñecemento que se vai a dar á investigación galega coa Insignia de Ouro de Asomega aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia.
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na inauguración da II FEIRA DA SAÚDE, organizada por ASOMEGA, que se prolongará ata o vindeiro venres, e que contará coa presenza do Conselleiro de …