Notas de prensa

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no tradicional acto que organiza cada ano o club de Xornalistas Galegos en Madrid, e que serviu para premiar ao  xefe do Estado Maior do Exercito de Terra, Amador Enseñat e Berea, como Galego do Ano 2023.  A presidenta do club, Pilar Falcón, indicou que «se tivo moi en conta, non só que sexa un galego o que desempeñe o cargo de máxima autoridade do Exército de Terra no noso país, se non tamén a súa traxectoria profesional e o seu servizo en operacións da OTAN, Unión Europea e Nacións Unidas».  Este galardón recibírono…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no tradicional acto que organiza cada ano a Asociación Vítimas do Terrorismo (AVT) en homenaxe ás 193 persoas que perderon a vida e máis de 2.000 feridos nos atentados terroristas do 11 de marzo de 2004, que se celebrou no Bosque do Recordo do Parque do Retiro da capital.  Coincidindo co Día Europeo das Vítimas do Terrorismo e no 20º aniversario destes fatídicos atentados, Javier Vázquez estivo presente na ofrenda floral dedicada aos falecidos, as súas familias, servidores públicos e todos aqueles que participaron…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na misa funeral celebrada na Catedral da Almudena en memoria das vítimas do 11M no vixésimo aniversario dos atentados, presidida polo cardeal José Cobo Cano, arcebispo de Madrid.
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou  na degustación aberta ao público previa reserva, co botelo como protagonista. Así, o menú consistiu en sopa de botelo e botelo con chourizos, grelos, garavanzos e patacas, todo iso regado con viños e licores da Denominación de Orixe Valdeorras. O toque doce puxérono as filloas con mel e leite frito.   O obxectivo da Concellaría de Cultura e Educación, que dirixe Margarida Pizcueta, é conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. A Festa do Botelo é un evento festivo e gastronómico que organiza o…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou  no evento dirixido a xornalistas especializados en gastronomía e restauradores madrileños que tivo como protagonista ao botelo. No Barco de Valdeorras e arredores, o botelo tradicional é o estómago do porco recheo de costela adobada, e afumado durante uns 15 días, para despois comelo cocido e acompañado de patacas, repolo e algún chourizo. Ademais da xornada gastronómica, serviuse un cóctel que deu a coñecer as posibilidades culinarias do botelo. A D.O Valdeorras organizou un túnel dos viños que dirixiu o enólogo Luís…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na recepción ofrecida en Embaixada de Haití en España polo Excmo. Sr. Embaixador Marie Joseph Guy Lamothe como anfitrión, que celebrou un acto de homenaxe á muller haitiana.  Estiveron presentes corpos diplomático de distintos países, autoridades españolas, amigos e invitados especiais.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez,  participou na homenaxe á mestra galega Andrea López Chao, emigrada a Cuba e impulsora do Hospital Fillas de Galicia da Habana. A homenaxe forma parte da conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento en Mondoñedo e do centenario da fundación do hospital. De feito, este acto intégrase nas XVII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. Estiveron entre outras Patricia Ares, bisneta da homenaxeada que incidiu no legado da súa bisavoa e María Xosé Porteiro que fixo fincapé nos inicios do feminismo galego e cubano.  No acto interviñeron…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de escultura "VGO/MAD", de Cristina Fernández Núñez. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1994), Cristina Fernández Núñez (Vigo, 1971) é docente e dirixe o estudo MV33 de debuxo e pintura artística desde 1995. A súa obra foi seleccionada en varias ocasións no Certame Internacional de Artes Plásticas de Valdepeñas e recibiu entre outros premios a medalla de honra na Bienal de Arte do Morrazo. O seu traballo expón unha reflexión entre a orde e o caos, o real e o…
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición "20 años del 11M. Memoria, dolor y solidariedade”, en recordo das 193 persoas asasinadas e as máis de 2.000 feridas nos atentados do 11 de marzo de 2004, que alberga A Galería das Coleccións Reais. A exposición foi organizada pola Fundación Vítimas do Terrorismo, o Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo e o Ministerio do Interior coa colaboración da Axencia EFE e de Patrimonio Nacional. A mostra reúne 67 imaxes captadas pola Axencia EFE entre os días 11 e 14 de marzo de 2004 e poderase…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no evento organizado por CONXEMAR, que se celebrou na noite de onte en Madrid, no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no que o seu presidente, Eloy García Alvariza, falou sobre o futuro da feira, presentou o primeiro plan estratéxico elaborado pola asociación e anunciou a constitución da fundación Fish Nation.na Conxemar, a Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e Acuicultura.  O presidente  lembrou que este ano Conxemar celebrará o seu XXV…