Notas de prensa

A Casa de Galicia en Madrid  acolleu a presentación por parte da editorial Hércules de Edicións,  do libro "Máis Galicia entre copas", unha edición renovada e actualizada da obra publicada en 2015, "Galicia entre copas", de Mariano Fisac. En 2029 lanzou coa mesma editorial Viños e lugares para momentos inesquecibles. Acompañando ao autor estiveron, Dominique Roujou de Boubee, da consultoría de viticultura e enoloxía Terroir en Botella e Laura Rodríguez Herrera, editora de Hércules de Edicións. Mariano Fisac destacou como xurdiu "Máis Galicia entre copas": “A pesar de levar case dez anos no…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na presentación do “Galiverso empeza aquí”.  Trátase unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dunha maneira diferente. O que visite a Casa de Galicia, poderá viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias. Así o explicaba…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na charla-coloquio que leva por título: "Cela por Cela. El Cela viajero más desconocido". Serrano afirmou, referíndose a Camilo Cela Conde, que “para a Casa de Galicia supón unha honra recibirte hoxe aquí e poder escoitar falar dunha persoa que é un imprescindible na historia da nosa literatura universal”.  O director lembrou ao público asistente que precisamente, unha das  salas de  exposición da sede da Xunta en Madrid leva o nome de Camilo José Cela. Serrano rematou a súa intervención lendo parte do discurso que pronunciou o propio…
 Juan Serrano, director da Casa de Galicia, participou no ciclo: Encontros con Talento, que a compañía de xestión integral de RRHH, Nortempo, ofreceu, en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos de Madrid, un evento sobre o talento global sen condicións de orixe, territorio ou cultura. Incluíu unha mesa de debate que tivo como referente o talento como motor de cambio nas organizacións. Moderado polo director xeral de Transformación e Desenvolvemento de Grupo Nortempo, Guillermo Pérez, o coloquio contou coa visión experta do fundador e CEO de TRIVU, Pablo González Ruiz da Torre; a…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación por parte da editorial alhenamedia do libro publicado o pasado 9 de maio co título "Camiño nebuloso", de Xosé Neira Vilas, con prólogo de María Luz Barreiro Otero. Esta é a primeira vez que se publica este título en castelán en España, aínda que se editou en castelán por primeira vez en 1961 na Habana. Na presentación participaron Clara García Vila, profesora do Centro de Estudos Galegos da UCM; e Francisco Bargiela, director da editorial Alhenamedia. Xosé Neira Vilas (1928-2015) é un dos grandes escritores galegos. A súa obra "Memorias dun…
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias,  presentaron o proxecto “Alén do Solpor" na tarde de onte na Casa de Galicia en Madrid, para medios especializados e turoperadores turísticos. A Directora Xeral de Turismo destacou que é un proxecto que non só permite impulsar unha modalidade de turismo sostible e responsable, senón que tamén contribúe á desestacionalización do turismo. Alén do Solpor é un proxecto que se desenvolve na Costa da Morte que propón unha nova interpretación do destino da Costa da Morte, articulando nela todos…
A Casa de Galicia acolleu no día de onte a presentación do ‘Festival Bal y Gay’, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña (Lugo). Presentouse na sala Álvaro Cunqueiro da delegación da Xunta de Galicia en Madrid a súa décima edición con 13 concertos do 10 ao 24 de agosto. Maria João Pires, Konstantin Krimmel, Cuarteto Quiroga, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt, Kebyart, Sara Ferrández, Rocío Pérez, Opera Omnia, Conrado Moya ou Katarzyna Myćka…
A Casa de Galicia acolle desde onte unha mostra composta por fotografías do Camiño Kumano-Kodo, unha das peregrinacións máis importantes que teñen lugar en Xapón e que xunto co Camiño de Santiago, compoñen os dous únicos camiños de peregrinación do mundo catalogados pola UNESCO, en 2004, como Bens Patrimonio da Humanidade. Ambos os camiños están irmandados desde o verán de 1998. A exposición inaugurouse en 2009 na prefectura de Wakayama, con itinerancias en Tanabe, meta da ruta, e en Tokyo; posteriormente en Santiago de Compostela e París. A mostra, organizada por Turismo de Galicia, contou…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación da tradución do libro de José Maria Eça de Queirós, “El primo Basilio”, e cuxa tradución corre a cargo do galego Vicente Araguas. Araguas, vello coñecido da Casa de Galicia por presentar máis obras na sede da Xunta en Madrid, estivo acompañado pola conselleira cultural da Embaixada portuguesa, Patricia Severino; a directora do Departamento de Estudos Románicos, Franceses, Italianos e Tradución da UCM, Barbara Fraticelli; e o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada, que afirmou que a…
A Casa de Galicia foi lugar de celebración o sábado, 27 de maio, para a celebración do Día das Letras Galegas. A encargada de levar a cabo esta iniciativa foi á Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) lembrando así, que aínda lonxe de Galicia, os galegos galegas temos unha lingua propia. Francisco Fernández del Riego foi o protagonista, aproveitando o LX aniversario no que foi o propio Fernández del Riego quen promoveu a creación desta efeméride para a cultura e a lingua galega. No acto na  Casa de Galicia estiveron Horacio Rico, presidente de Fagama; membros da Agrupación…