Notas de prensa

O director da Casa de Galicia en Madrid participou na segunda das conferencias enmarcadas no ciclo, coordinado polo arquitecto Domingo de Famara, e que leva por título: “Amor: a muller no camiño de peregrinación”.  Esta Mesa Redonda, que se iniciou o 25 de outubro, contou nesta ocasión coa  participación de  María Carretero e Fray D. José María Alonso del Val. A artista María Carretero, falou da conexión do camiño entre Galicia e Cantabria, desde o punto de vista da escultura, facendo especial referencia á súa obra “HOMENAXE AO PEREGRINO” 1993-1996, que se pode ver na Vila de Sarria. Lugo.…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, asistiu á entrega de premios da Fundación Vítima do terrorismo (FVT) celebrada no auditorio da Fundación Mutua Madrileña, en Madrid.  Asistiron, entre outros,  o Defensor do Pobo, Angel Gabilondo,  altos cargos dos ministerios de Interior e Educación e representantes dos grupos parlamentarios.  O presidente da FVT, Tomás Caballero,  entregou os premios anuais da Fundación, que cumpriu a súa vixésima edición, na que foron premiados,  a Unidade Central de Desactivación de Explosivos (TEDAX-NRBQ) da Policía Nacional e o grupo Vocento.…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no encontro que a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo en Madrid no encontro “lOS ALMUERZOS DE AEGAMA”, organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid. Durante a súa intervención, Lorenzana destacou que a Xunta traballa para converter Galicia nun polo de emprendemento industrial capaz de atraer investimentos garantindo as máximas facilidades na tramitación. Neste ámbito, destacou a próxima posta en marcha da Oficina Económica de Galicia, que funcionará como única canle…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu Antonio Troncoso: "ANTONIO PALACIOS RAMILO, ARQUITECTO. Descrición persoal, o que puido ser e non foi". Acompañaron ao conferenciante: Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA; e Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas. Antonio Troncoso é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi relator e profesor en diversos simposios e publicou numerosas obras e artigos sobre Dereito. Foi profesor de Xeografía Turística.  O conferenciante centrouse…
Acompañaron á escritora durante a presentación do libro: o Dr. Fernando Díez Moreno, vicepresidente da Fundación Tomás Moro, que presidiu a mesa; o Coronel D. José Pardo de Santayana e Gómez de Olea, presidente da Fundación Tomás Moro; o Dr. Pablo González-Pola da Granja, profesor, historiador e escritor; José Luís Nieto Aranda, poeta e escritor; e Nava Castro, alcaldesa do concello de Ponteareas. Esther Sestelo é Doutora en Musicoloxía, Licenciada en Historia e Ciencias da Música. Con varios títulos de Profesor Superior de Conservatorio, é Funcionaria de Carreira ao Corpo de Profesores de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición “PASADO-PRESENTE-FUTURO” co que se celebra o 50 aniversario da Escola de arte Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo. Na exposición, participou tamén, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias que agradeceu o labor do equipo directivo da escola, co director Ramón Cabarcos á fronte, e tamén dos alumnos. Destacou as cinco décadas de traballo por «unha formación crave para os futuros profesionais que nutre a cultura do noso  país». Destacou que o centro lucense foi pioneiro e ségueo…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración unha exposición promovida pola Fundación Juana de Vega e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co fin de pór en valor a traxectoria da mecenas e filántropa coruñesa con motivo do 150 aniversario do seu falecemento.  A exposición está composta por 20 paneis nos que se destacan os aspectos máis relevantes da traxectoria vital desta ilustre coruñesa, progresista, avanzada á súa época e cunha gran sensibilidade social, que deixou unha pegada indeleble tanto na cidade da Coruña…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na celebración do V aniversario da  revista ibérica de diplomacia e negocios,  Raia Diplomática O tema principal deste acto foi a raia: a fronteira entre Portugal e España. É a fronteira máis longa (1.214 km) e máis antiga entre os países da Unión Europea. É unha rexión moi rica en Historia e en cultura, pero desafortunadamente moi despoboada e cun baixo desenvolvemento económico e social. Javier Vázquez Prado, director de Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao público, principalmente Embaixadores e membros das embaixadas…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación do libro "Peregrinos-Encontros no Camiño de Santiago", de Alfredo Aguilar, e durante a presentación do mesmo debullou as súas impresións e vivencias ao longo dos seus anos como peregrino nas distintas ocasións que realizou o Camiño de Santiago.  Publicada en Círculo Rojo, Grupo Editorial, Aguilar relatou a unha sala abarrotada, como nas súas diversas experiencias atopouse con peregrinos, hospitaleiros e xente que vive en torno ao Camiño de Santiago e que deixaron nel unha pegada que definiu como "indeleble". O…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no día de onte xunto a Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, na presentación para prensa especializada da Asociación Xacobea de Gastronomía e Turismo  (AXGATUR), que se presentou onte de forma oficial na Casa de Galicia en Madrid nun acto con máis de 150 asistentes.  Trátase dun proxecto para agrupar ao mundo da hostalaría, a restauración e o turismo con selo de Galicia en Madrid. AXGATUR está formada por un grupo de profesionais, empresas e outras institucións vinculadas coa cultura,…