Axenda/Eventos/Exposicións

Hoxe

//
Espazos ondulados. Material: Madeira de castiñeiro con aluminio extrusionado Técnica: Talla e extrusión (2013)
As pinturas e esculturas de Elías Cochón teñen unha personalidade indiscutible, que sitúan ao artista como referente no panorama galego, capaz de facernos imaxinar, descubrir e, por suposto, de inspirar aos que como el son capaces de debuxar e construír o inmaterial. Esta mostra poderá visitarse ata o 29 de novembro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. Elías…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Máis eventos

Eventos recentes

ó
As pinturas e esculturas de Elías Cochón teñen unha personalidade indiscutible, que sitúan ao artista como referente no panorama galego, capaz de facernos imaxinar, descubrir e, por suposto, de inspirar aos que como el son capaces de debuxar e construír o inmaterial. Esta mostra poderá visitarse ata o 29 de novembro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. Elías Cochón Rei (1966, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). A súa arte non se desenvolve ata que se inicia o século XXI. Antes está a procura, a formación na empresa familiar, unha institución con máis de 75…
Elías Cochón Rei (1966, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). A súa arte non se desenvolve ata que se inicial o século XXI. Antes está a procura, a formación na empresa familiar, unha institución con máis de 75 anos de historia no tecido industrial de Galicia. O seu amigo e mestre, o escultor Camilo Otero foi talvez o seu impulso. O retorno de Otero, de París a Galicia, prodúcese a mediados dos anos 90, falece en 2003. Cochón converteu a dor pola desaparición do mestre nun camiño. A partir de 2003 a obra de Cochón Rei exponse en importantes salas de Europa e do mundo. O artista voa coa enerxía…
Dita Federación vai celebrar o XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas en Madrid do 21 ao 24 de outubro, e estará organizado nesta edición pola Asociación Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Co lema “ Camiños de Santiago, Camiños de Europa ” e o subtítulo “ Unha mirada ao Ano Santo e Xacobeo 2021”, a Federación quere ser fiel ao espírito dos primeiros congresos, ao mesmo tempo que desexa poñer de manifesto o cambio substancial que se produciu nestes anos no movemento xacobeo.   Entrada libre ata completar aforo.
ó
Paco Ascón nace en Barcelona. Apartado dos seus pais polas tráxicas circunstancias derivadas daqueles difíciles momentos de postguerra, a súa educación inicial desenvólvese no seo da familia dos seus tíos. Pronto se aprecia nel un considerable afán por representar nos seus debuxos, de forma autodidacta e animado polos seus profesores, todo o que ve, significando aquilo o inicio dunha vida dedicada á arte. Unha afección que se convertería en algo vital desde os dezaoito anos e, que grazas aos consellos maxistrais dalgúns dos artistas de talla internacional cos que tivo a oportunidade de…
ó
Leopoldo Fernández Varela (Porriño, 1929-Vigo, 2007) iniciouse na pintura moi nova, e xa con 25 anos realizou a súa primeira exposición individual. Desde entón, e durante o resto da súa vida, dedicouse de maneira incansable á pintura, participando de maneira continuada en exposicións individuais e en colectivas de pintores galegos, tanto en diferentes cidades de Galicia como en Madrid. Nos seus primeiros anos decantouse pola acuarela. Nos anos 60 e 70 participou nas Exposicións Rexionais de Arte e nas Bienales Nacionais, obtendo a Medalla de Prata na modalidade de acuarela na II Bienal…
A Casa de Galicia en Madrid reabre as súas portas a efectos administrativos. Poderase visitar tamén a exposición interrompida o 13 de marzo, " Hai mulleres", de Otero Regal, ata o próximo 30 de xullo. As visitas non poderán, con todo, acceder en grupo.
Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid. Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.
Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid. Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.
Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid. Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.
A exhibición consta dunha serie de pezas que mesturan as letras coa plástica e o material esencial da obra de Otero Regal, a cerámica. O traballo colectivo de poetas, literatos e xornalistas amósase en galego e castelán; a cada un deles pediu o escultor un escrito vencellado co nome dunha muller, e para cada relato o mariñán aportou un cadro ou unha efixie. Alfonso Otero Regal naceu na vila de Foz, concretamente en Nois, en 1952. Estudou pintura con Puchades en Mondoñedo, na Escola Massana de Barcelona, e no Seminario de Estudos Cerámicos en Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas…