Axenda/Eventos/Exposicións
Marzo 2023
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
|
28
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
|
|
|
|
|
|
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
11
|
12
|
|
|
|
|
|
||
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
18
|
19
|
|
|
|
|
|
||
20
|
21
|
22
|
23
|
24
|
25
|
26
|
|
|
|
|
|
|
|
27
|
28
|
29
|
30
|
31
|
1
|
2
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe
//

Esta pintora, natural de Muros, preséntanos unha obra que está definida pola cor, máis que pola forma. Trátase dunha colección de 12 pezas presentadas baixo o título “Salitre”, un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza nesa excepcionalidade pictórica de Amalia: a artista constrúe unha pintura que non necesita de moitas explicacións para ser absorbida como experiencia…
//

María Susana Peleteiro Fernández bríndanos a oportunidade de facer unha viaxe a través da historia de Galicia e a súa tradición. A mostra poderá visitarse ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
A exposición, elaborada por Mª Susana Peleteiro Fernández, consta de 40 bonecas con traxes de diferentes épocas, comarcas e usos sociais (traxes de…
Próximos eventos

A autora estará acompañada durante a presentación polo Dr. D. Alfonso Chinchilla, neurólogo; polo Dr. D. Luís Rodríguez Padial, cardiólogo; pola Dra. Dª Adela Alonso, psicóloga; e o editor, Ignacio Rodríguez.
A novela conta a historia dunha jovencita foi maltratada, desde nena, sistematicamente polo seu pai. Cando o vaso cólmase, ela rompe os lazos que lle unen ao seu cárcere da dor e marcha en…
Eventos recentes
ó
Esta pintora, natural de Muros, preséntanos unha obra que está definida pola cor, máis que pola forma. Trátase dunha colección de 12 pezas presentadas baixo o título “Salitre”, un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza nesa excepcionalidade pictórica de Amalia: a artista constrúe unha pintura que non necesita de moitas explicacións para ser absorbida como experiencia sensorial abafadora, unha ‘fascinación’ entre visual e táctil.
A mostra poderá visitarse ata o 31 de marzo en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
"Salitre" fala da…
ó
María Susana Peleteiro Fernández bríndanos a oportunidade de facer unha viaxe a través da historia de Galicia e a súa tradición. A mostra poderá visitarse ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
A exposición, elaborada por Mª Susana Peleteiro Fernández, consta de 40 bonecas con traxes de diferentes épocas, comarcas e usos sociais (traxes de traballo, traxes de ir á feira, traxes de gala ou garda, un traxe de danza cerimonial...); os textos, nos que se fai un percorrido pola historia do vestir tradicional e da representación gráfica dos traxes…
Na presentación acompañarán ao autor, Pedro García Cuartango, Lucía Taboada e Luis Meana.
Este libro é unha longa crónica xornalística, física e emocional, que pretende descubrir se tras unha ausencia de máis de 40 anos queda algo da Galicia que era e o neno que foi. Trátase de 28 artigos publicados cada semana no suplemento O Domingo da Opinión A Coruña e oito inéditos. O xornalista e escritor Alfonso Armada relata en cada un deles a súa visión de Galicia. Están Estaca de Bares, Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia, Samos, Ribadavia, O Carballiño, Vilagarcía, Bueu, San Simón, Vigo...
Unha obra…
A Federación de Asociacións Galegas en Madrid organiza un acto "Homenaxe da galeguidade" en memoria de D. José Ramón Ónega López, director da Casa de Galicia en Madrid; D. Ovidio Cadenas Queipo, presidente de FAGAMA e da Xuntanza de Galegos en Alcobendas; e D. Miguel Romay Graña, presidente do Centro Galego da Serra de Madrid e vicepresidente de FAGAMA.
Participarán no acto: o director da Casa de Galicia, Juan Serrano; o presidente de FAGAMA, Horacio Rico; o xornalista, Fernando Ónega; o fiscal do Tribunal Supremo, Antonio Troncoso de Castro; e Ana Romay, irmá de Miguel Romay.
A homenaxe…
ó
A Casa de Galicia en Madrid exhibe a mostra conmemorativa do 40 aniversario do Parlamento autonómico
• Foi inaugurada o pasado xoves, 15 de decembro e pode visitarse ata o 29 de xaneiro.
• Entre outros materiais, a exposición inclúe a Proposta de Consello de Galicia, documento manuscrito de Castelao datado ao redor de 1943.
A Casa de Galicia en Madrid acollerá, entre o 15 de decembro e o 29 de xaneiro, a exposición "O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021", que repasa os feitos máis destacables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución…
“Cruzados polo camiño. Conxecturas compostelás sobre un Papa ilustrado”, é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea.
O autor estará acompañado por Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a…
ó
A artista, natural de Millarouso de Valdeorras (Ourense), presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra máis recente. Trátase dun traballo no que se poderán contemplar 14 óleos rebosantes de cor, coa temática común dos músicos do Pórtico da Gloria.
No acto de presentación, que tivo lugar o 3 de novembro, Lola Doporto estivo acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Tal e como…
Durante a presentación, a autora estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Carlos Serrano; polo xornalista e escritor, Ferran Garrido; e por Toni Alcolea, da editorial Olé Libros.
´Farruca´ achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe.
Belén Presas…
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a presentación dos respectivos discos dos gaiteiros Miguel Ramalleira e Javier Franco.
Durante o acto estarán acompañados polo presidente de FAGAMA, Horacio Rico. Despois da presentación, os gaiteiros interpretarán varias pezas musicais incluídas nos seus respectivos discos.
O gaiteiro Miguel Ramalleira presenta o seu primeiro disco "Ramalleira. (Música para animar el alma)".
O seu primeiro traballo discográfico é un directo cunha decena de temas, dos que a metade son composicións propias xurdidas das experiencias vitais do confinamento e o resto,…
Inauguración da exposición de fotografía "LITO PAREIDOLIA. Unha mirada aos montes da Pedra do Cadro"
Durante o acto de presentación, Eduardo Cimadevila estará acompañado por Javier Mª Navas Alonso, que tamén é o autor do prólogo do catálogo da exposición.
A través desta exposición, poderanse contemplar 56 fotografías que recollen seis anos de traballo do fotógrafo madrileño, durante os cales estivo percorrendo os camiños dos montes da Pedra do Cadro. Nesta zona, pertencente ao concello de Muros, atópanse escondidos bloques de granito con formas e figuras caprichosas, de suxestiva beleza, que lembran a animais ou humanos.
Esta mostra de pareidolia natural poderá visitarse ata o 29 de abril…