Axenda/Eventos/Exposicións

Hoxe

Non hai eventos para hoxe

Próximos eventos

Código QR que inclúe toda a información do concello
Esta pioneira plataforma dixital nace en San Xoán de Río (Ourense) co obxectivo de impulsar o retorno demográfico ás aldeas galegas a través dun sistema que lembra ao da popular app de citas. O obxectivo de Aldealista é facer visible os pobos invisibles. Trátase dunha plataforma dixital que busca poñer en valor o rural de Galicia poñendo o foco naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes.…
A través desta exposición poderase descubrir a historia dunha das nosas institucións máis importantes no desenvolvemento do autogoberno galego.
• Será inaugurada o vindeiro xoves, 15 de decembro e poderá visitarse ata o 29 de xaneiro. • Entre outros materiais, a exposición inclúe a Proposta de Consello de Galiza, documento manuscrito de Castelao datado arredor de 1943.

Eventos recentes

“Cruzados polo camiño. Conxecturas compostelás sobre un Papa ilustrado”, é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea. O autor estará acompañado por Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid. O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a…
ó
A artista, natural de Millarouso de Valdeorras (Ourense), presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra máis recente. Trátase dun traballo no que se poderán contemplar 14 óleos rebosantes de cor, coa temática común dos músicos do Pórtico da Gloria.  No acto de presentación, que tivo lugar o 3 de novembro, Lola Doporto estivo acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. Tal e como…
Durante a presentación, a autora estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Carlos Serrano; polo xornalista e escritor, Ferran Garrido; e por Toni Alcolea, da editorial Olé Libros. ´Farruca´ achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe.  Belén Presas…
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a presentación dos respectivos discos dos gaiteiros Miguel Ramalleira e Javier Franco. Durante o acto estarán acompañados polo presidente de FAGAMA, Horacio Rico. Despois da presentación, os gaiteiros interpretarán varias pezas musicais incluídas nos seus respectivos discos. O gaiteiro Miguel Ramalleira presenta o seu primeiro disco "Ramalleira. (Música para animar el alma)". O seu primeiro traballo discográfico é un directo cunha decena de temas, dos que a metade son composicións propias xurdidas das experiencias vitais do confinamento e o resto,…
Durante o acto de presentación, Eduardo Cimadevila estará acompañado por Javier Mª Navas Alonso, que tamén é o autor do prólogo do catálogo da exposición. A través desta exposición, poderanse contemplar 56 fotografías que recollen seis anos de traballo do fotógrafo madrileño, durante os cales estivo percorrendo os camiños dos montes da Pedra do Cadro. Nesta zona, pertencente ao concello de Muros, atópanse escondidos bloques de granito con formas e figuras caprichosas, de suxestiva beleza, que lembran a animais ou humanos. Esta mostra de pareidolia natural poderá visitarse ata o 29 de abril…
Trátase dunha exposición chea de serenidade, sensibilidade e harmonía, onde, xogando con suaves tonalidades e infinitos matices, composicións equilibradas e espazos cheos de silencio, o pintor transmite o que ten necesidade de compartir con todo aquel que contemple a súa obra. Non retrata a paisaxe que ten ante os seus ollos, senón que é transmisor da emoción que a el lle produce. Busca o silencio e, non só o atopa, senón que o transmite. Marnay, de longo percorrido artístico, amplo currículo e unha extraordinaria traxectoria por salas nacionais e internacionais, paseou a súa creatividade…
Elías Cochón Rei (1966, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). A súa arte non se desenvolve ata que se inicial o século XXI. Antes está a procura, a formación na empresa familiar, unha institución con máis de 75 anos de historia no tecido industrial de Galicia. O seu amigo e mestre, o escultor Camilo Otero foi talvez o seu impulso. O retorno de Otero, de París a Galicia, prodúcese a mediados dos anos 90, falece en 2003. Cochón converteu a dor pola desaparición do mestre nun camiño. A partir de 2003 a obra de Cochón Rei exponse en importantes salas de Europa e do mundo. O artista voa coa enerxía…
Dita Federación vai celebrar o XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas en Madrid do 21 ao 24 de outubro, e estará organizado nesta edición pola Asociación Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Co lema “ Camiños de Santiago, Camiños de Europa ” e o subtítulo “ Unha mirada ao Ano Santo e Xacobeo 2021”, a Federación quere ser fiel ao espírito dos primeiros congresos, ao mesmo tempo que desexa poñer de manifesto o cambio substancial que se produciu nestes anos no movemento xacobeo.   Entrada libre ata completar aforo.
ó
Paco Ascón nace en Barcelona. Apartado dos seus pais polas tráxicas circunstancias derivadas daqueles difíciles momentos de postguerra, a súa educación inicial desenvólvese no seo da familia dos seus tíos. Pronto se aprecia nel un considerable afán por representar nos seus debuxos, de forma autodidacta e animado polos seus profesores, todo o que ve, significando aquilo o inicio dunha vida dedicada á arte. Unha afección que se convertería en algo vital desde os dezaoito anos e, que grazas aos consellos maxistrais dalgúns dos artistas de talla internacional cos que tivo a oportunidade de…
ó
Leopoldo Fernández Varela (Porriño, 1929-Vigo, 2007) iniciouse na pintura moi nova, e xa con 25 anos realizou a súa primeira exposición individual. Desde entón, e durante o resto da súa vida, dedicouse de maneira incansable á pintura, participando de maneira continuada en exposicións individuais e en colectivas de pintores galegos, tanto en diferentes cidades de Galicia como en Madrid. Nos seus primeiros anos decantouse pola acuarela. Nos anos 60 e 70 participou nas Exposicións Rexionais de Arte e nas Bienales Nacionais, obtendo a Medalla de Prata na modalidade de acuarela na II Bienal…