Eventos especiais

Madrid, 1 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Silvia de Pablos que presentou o seu libro Galician Stories, unha novela de misterio que “fará que o lector vexa Galicia con outros ollos”, dixo a escritora que estivo acompañada polo editor Sergio Mejías. Publicado por bubok Editorial, o libro conta como unha xornalista de investigación viaxa a Galicia a facer a súa tese doutoral sobre os misterios e lendas desa rexión. No medio das súas investigacións, involúcrase nunha investigación criminal para resolver a desaparición dalgunhas persoas en…
"Con case 30 anos de intensa actividade, está considerada como o mellor referente de Galicia na capital de España. O seu prestixio foise incrementando, especialmente nos últimos anos, como un formidable escaparate de Galicia en Madrid. Todo isto contribuíu á especial simpatía que Galicia suscita na sociedade madrileña", argumenta a Enxebre Orden da Vieira respecto á Casa de Galicia no ofrecemento da súa distinción, acordada por unanimidade do seu Consello.
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de Ouro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, que preside Cheché Real, "non só polo labor de apoio incondicional á marca turístico-gastronómica "...E para comer, Lugo", senón tamén polo gran labor que desempeña á fronte da Casa de Galicia en Madrid, proxectando no exterior as excelencias da nosa Comunidade Autónoma". O acto de entrega tivo lugar no transcurso dunha cea no restaurante Val da localidade lucense en Antas de Ulla. "Contade comigo para levar polo…