Eventos especiais

A Casa de Galicia en Madrid reabre as súas portas a efectos administrativos. Poderase visitar tamén a exposición interrompida o 13 de marzo, " Hai mulleres", de Otero Regal, ata o próximo 30 de xullo. As visitas non poderán, con todo, acceder en grupo.
Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid. Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.
"Con case 30 anos de intensa actividade, está considerada como o mellor referente de Galicia na capital de España. O seu prestixio foise incrementando, especialmente nos últimos anos, como un formidable escaparate de Galicia en Madrid. Todo isto contribuíu á especial simpatía que Galicia suscita na sociedade madrileña", argumenta a Enxebre Orden da Vieira respecto á Casa de Galicia no ofrecemento da súa distinción, acordada por unanimidade do seu Consello.
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de Ouro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, que preside Cheché Real, "non só polo labor de apoio incondicional á marca turístico-gastronómica "...E para comer, Lugo", senón tamén polo gran labor que desempeña á fronte da Casa de Galicia en Madrid, proxectando no exterior as excelencias da nosa Comunidade Autónoma". O acto de entrega tivo lugar no transcurso dunha cea no restaurante Val da localidade lucense en Antas de Ulla. "Contade comigo para levar polo…