A Casa de Galicia en Madrid, distinguida pola Enxebre Orden da Vieira co "Trofeo Galeguidade 2019"

Eventos especiais
03/22/2019
03/22/2019
22/03/2019

A Casa de Galicia en Madrid, distinguida pola Enxebre Orden da Vieira co "Trofeo Galeguidade 2019"

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia foi distinguida pola Enxebre Orden da Vieira co Trofeo Galeguidade 2019 a persoa xurídica, que será recollido o sábado 23 de marzo polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, no transcurso da celebración do Quincuaxésimo segundo Capítulo Xeral da entidade, que se celebrará no transcurso dunha prolongada velada nun coñecido hotel de Madrid.

"Con case 30 anos de intensa actividade, está considerada como o mellor referente de Galicia na capital de España. O seu prestixio foise incrementando, especialmente nos últimos anos, como un formidable escaparate de Galicia en Madrid. Todo isto contribuíu á especial simpatía que Galicia suscita na sociedade madrileña", argumenta a Enxebre Orden da Vieira respecto á Casa de Galicia no ofrecemento da súa distinción, acordada por unanimidade do seu Consello.

22 Marzo 2019
Eventos especiais