PRESENTACIÓN DO LIBRO “GALICIAN STORIES” NA CASA DE GALICIA

Eventos especiais
12/02/2022
12/02/2022
02/12/2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO “GALICIAN STORIES” NA CASA DE GALICIA

Madrid, 1 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Silvia de Pablos que presentou o seu libro Galician Stories, unha novela de misterio que “fará que o lector vexa Galicia con outros ollos”, dixo a escritora que estivo acompañada polo editor Sergio Mejías.

Publicado por bubok Editorial, o libro conta como unha xornalista de investigación viaxa a Galicia a facer a súa tese doutoral sobre os misterios e lendas desa rexión. No medio das súas investigacións, involúcrase nunha investigación criminal para resolver a desaparición dalgunhas persoas en estrañas circunstancias e implícase, case sen querer, en enigmáticos fenómenos. 

Os incomparables marcos naturais do mar e do rural galego son o escenario desta obra de suspense e feitos paranormales.

Silvia de Pablos é economista de profesión, pero encamiñou a súa carreira cara á docencia e a escritura. Por outra banda, tamén é afeccionada á arte, á historia e ao xénero literario co que se estrea como autora: o suspense.
 

02 Decembro 2022
Eventos especiais
Imaxes