Exposición de fotografía "Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago"
A mostra, organizada por Turismo de Galicia, é unha homenaxe a todos os hospitaleros voluntarios a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente, que foron tomadas nas últimas décadas. Merecido homenaxe aos hospitaleros voluntarios, que enchen o Camiño de fraternidade, solidariedade e difusión de contidos culturais e espirituais.
O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado desde hai séculos como pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poéticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, no roteiro e os seus albergues.
Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e a comprensión mutua. A todo iso hai que sumar os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.
NOTA: As exposicións da Casa de Galicia poden estar temporalmente pechadas ao público cando nas súas salas estean tendo lugar outros eventos que forman parte da súa programación de actos.