Exposición de pintura e escultura "EKLEKTIKÓS", de Pilar Santos

Exposicións
02/05/2024
02/29/2024
05/02/2024 - 29/02/2024

Exposición de pintura e escultura "EKLEKTIKÓS", de Pilar Santos

A exposición poderá visitarse ata o 29 de febreiro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Festivos e Domingos: de 10:00 a 14:00 horas.

Pilar Santos regresa á Casa de Galicia en Madrid cunha mostra que se caracteriza pola diversidade de medios utilizados ao longo dos anos e que tan ben domina. Desde as súas pinturas ao óleo, pasando polas súas novas esculturas con luz ou as coloristas máscaras, a súa obra evidencia a versatilidade e a disposición da artista para desafiarse constantemente pero sen perder un chisco da súa esencia. É unha excelente ocasión para gozar do seu infinito caudal imaxinativo que emana da súa mente, a través dos seus pinceis.  Na pintura de Pilar predominan dúas notas: a cor e o movemento buscando sempre a inspiración na natureza e nas súas vivencias persoais.

PILAR SANTOS nace na Coruña. Estuda Arte e Cerámica na Coruña e Santiago de Compostela. Piano, solfexo e canto no Conservatorio de Música e Declamación da Coruña. Contrabaixo en Madrid, Aptitudes Musicais e o seu Diagnóstico, UNED, Madrid. Dirixe Departamentos de Música, Debuxo e Pintura en Colexios, Estudos, Museos…, dedicándose ao ensino desde moi temperá idade.

 

NOTA: As exposicións da Casa de Galicia poden estar temporalmente pechadas ao público cando nas súas salas están a ter lugar outros eventos que forman parte da súa programación de actos. 

05 Febreiro 2024
-
Exposicións
Imaxes