Exposición de pintura e escultura "OS SOÑOS DE EKAITZ", de Elías Cochón Rei

Exposicións
11/04/2021
11/29/2021
04/11/2021 - 29/11/2021

Exposición de pintura e escultura "OS SOÑOS DE EKAITZ", de Elías Cochón Rei

As pinturas e esculturas de Elías Cochón teñen unha personalidade indiscutible, que sitúan ao artista como referente no panorama galego, capaz de facernos imaxinar, descubrir e, por suposto, de inspirar aos que como el son capaces de debuxar e construír o inmaterial.

Esta mostra poderá visitarse ata o 29 de novembro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Elías Cochón Rei (1966, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). A súa arte non se desenvolve ata que se inicia o século XXI. Antes está a procura, a formación na empresa familiar, unha institución con máis de 75 anos de historia no tecido industrial de Galicia. O seu amigo e mestre, o escultor Camilo Otero foi talvez o seu impulso. O retorno de Otero, de París a Galicia, prodúcese a mediados dos anos 90, e falece en 2003. Cochón converteu a dor pola desaparición do mestre nun camiño. A partir de 2003 a obra de Cochón Rei exponse en importantes salas de Europa e do mundo. O artista voa coa enerxía dunha procura cimentada no amor polo seu fillo Ekaitz e de Aylin. 

Para aliarse co ferro, o artista visualiza o imposible, acepta o volume e a resistencia, asume as labras e os desperdicios para saltar ao baleiro, sen rede, e viaxar así da escultura ao lenzo. E dá outro salto: as xoias. O artista garda traballos en prata, a modo de liña de xoiería, que non se acomoda ao estándar do xoieiro ao uso.

Elías Cochón fai escultura para coñecer, para descubrir e para vivir o asombro dese xogo que esconden espazos e volumes. A linguaxe da procura é sempre poético, habita unha feliz incertidume. Por iso enténdese ante estas obras a dor creativa, artístico, da resistencia. O que se resiste comunica e ofrécenos espazos paisaxísticos e férreos, asolagados de misterio.

 

04 Novembro 2021
-
Exposicións
Imaxes