Información sobre materias competencia da Xunta de Galicia.

Atención á ciudadanía

Infraestructuras para as empresas gallegas que desexen darse a coñecer en Madrid.

DIFUSIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL

Accións orientadas a promocionar a obra de artistas e intelectuais galegos.

Promoción Cultural

Actualidade

04/06/2021
A artista Tareixa Taboada inaugura a súa exposición de pintura e escultura acompañada polo Coordinador de Actividades da Casa de Galicia en Madrid, Ramón Jiménez
Onte, 3 de xuño de 2021, inaugurouse na Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, con limitación de aforo en seguimento do protocolo de actuación ante o covid, a exposición de pintura e escultura “NIHIL”, da artista ourensá Tareixa Taboada, que permanecerá aberta ao público ata o próximo día 30. Trátase dun proxecto que se estrutura, por unha banda, en preto de…
20/05/2021
No acto participaron Ana Mª Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados; Álex Regueiro, director da revista "Coralia" e foi presentado polo coordinador de Actividades, Ramón Jiménez
A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, acolleu onte, 19 de maio de 2021, a presentación da revista “CORALIA. Guía de viaxes de Galicia 2021”, editada e dirixida por Álex Regueiro. No acto, que se desenvolveu con aforo limitado en cumprimento das medidas anti covid, interviñeron o propio Álex Regueiro e a Vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados,…
07/05/2021
No acto de inauguración da exposición interviñeron o coordinador de Actividades, Ramón Jiménez e o fillo do artista, Leopoldo Fernández.
A Delegación da Xunta en Madrid / Casa de Galicia inaugurou onte nas súas Salas a exposición de pintura “UNHA VIAXE POLA COR”, do artista Leopoldo Fernández Varela, de nome artístico Leopoldo Varela, nacido en Porriño en 1929 de pais vigueses e falecido en Vigo en 2007. Ao acto, con limitación de aforo polo covid, asistiron a súa viúva e os seus fillos, entre outros membros da familia. Esta…
30/04/2021
Participaron na Mesa Redonda:José Manuel González Herrán, catedrático emérito de Literatura Española da Universidade de Santiago de Compostela;  Ana María Freire López, catedrática de Literatura Española da UNED; Darío Villanueva, catedrático emérito de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela; e Xulia Santiso, conservadora de Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
A Delegación da Xunta en Madrid / Casa de Galicia serviu de marco onte, 29 de abril de 2021, para a celebración da segunda das catro Mesas Redondas do Ciclo De Belo Lucem que, con ocasión da conmemoración do Centenario de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921) organizou o concello de Madrid en colaboración con Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, da Coruña. Os participantes foron Ana María…

Promocións

Presenta a oferta do Ano Santo e de Turismo de Galicia en 12 cidades de España e Portugal 

Nova destacada

Non hai nova destacada

Exposicións

Dama de Elxe - Técnica mixta. 89 x 116 cm.
A artista ourensá Tareixa Taboada presenta unha exposición composta por esculturas de bronce e cadros asolagados de cromatismo, que non deben distraer ao espectador da profundidade das mensaxes que pretende transmitir. Comprometida coa arte, a súa obra non é unha expresión meramente estética, senón que busca transgredir, provocar, mesmo conmover a quen a contempla. A mostra poderá visitarse do 4…

Axenda

Hoxe

Non hai eventos para hoxe

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Máis eventos