Información sobre materias competencia da Xunta de Galicia.

Atención á ciudadanía

Infraestructuras para as empresas gallegas que desexen darse a coñecer en Madrid.

DIFUSIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL

Accións orientadas a promocionar a obra de artistas e intelectuais galegos.

Promoción Cultural

Actualidade

18/05/2022
Na presentación do libro interviñeron de esquerda a dereita: o autor, Fernando F. Domonte; a consellería do Mar, Rosa Quintana; e o editor, Xabier Romero.
Onte, martes, 17 de maio, tivo lugar, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a presentación do libro de Fernando Fernández Domonte, "Contos da Beiramar". O autor estivo acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, así como polo director da editorial Elvira, Xabier Romero, que comezou a presentación agradecendo o apoio á literatura galega por parte da Xunta de Galicia neste día…
06/05/2022
Celso Varela estivo acompañado na inauguración da súa exposición de pintura por Jesús Navazo, vicesecretario de Presidencia da Xunta de Galicia
A Casa de Galicia inaugurou onte, xoves, 5 de maio, unha exposición retrospectiva do pintor pontevedrés, que está composta por cadros dos últimos anos da súa actividade artística, así como polas súas creacións máis recentes. Trátase dunha selección de obras moi persoal, de gran e medio formato, nas que destacan a paisaxe da súa terra, o bodegón e o retrato. Esta exposición poderá visitarse ata o…
05/05/2022
Participaron no acto homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, de esquerda a dereita: Miro Villar, poeta e crítico literario; Jesús Navazo, vicesecretario de Presidencia da Xunta de Galicia e Carmen Mejía, doutora en Filoloxía Románica e catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa da UCM.
Onte, mércores, 4 de maio, a Casa de Galicia en Madrid celebrou, en colaboración co Centro de Estudos Galegos da UCM, o Día das Letras Galegas coa conferencia do poeta e crítico literario, Miro Villar, titulada "Florencio Delgado Gurriarán, o poeta galeguista no exilio mexicano", e coa posterior presentación do número 24 da Revista de Estudos Galegos, Madrygal. Ao acto asistiron o vicesecretario…
04/05/2022
Participaron no acto de presentación, de esquerda a dereita: Luís Menéndez, director do documental; Jesús Navazo, vicesecretario de Presidencia da Xunta de Galicia;  e o escritor Miguel Anxo Murado..
Con asistencia de numeroso público, presentouse na Casa de Galicia de Madrid o documental televisivo "Exeria, a primeira peregrina" do que é autor e director o xornalista galego Luís Menéndez. En nome da Xunta de Galicia, Jesús Navazo, vicesecretario da Secretaría Xeral de Presidencia, deu a benvida aos asistentes. Na súa presentación destacou a ampla e exitosa traxectoria profesional no ámbito…

Promocións

Máis de 60 adegas das cinco denominacións de orixe galegas participan na promoción.

Seleccionada polo diario Financial Times como unha das cinco citas culturais máis importantes do mundo para este outono-inverno, a exposición fotográfica ‘Untold Stories’, que reúne máis de 150 instantáneas do icónico fotógrafo Peter Lindbergh, permanecerá accesible ao…

Nova destacada

Non hai nova destacada

Exposicións

Currala V -Técnica mixta / cartón (2019)
A Casa de Galicia en Madrid acolle unha exposición retrospectiva do pintor pontevedrés, que está composta por cadros dos últimos anos da súa actividade artística, así como polas súas creacións máis recentes. Trátase dunha selección de obras de gran e medio formato nas que destacan a paisaxe da súa terra, bodegóns e o retrato. Esta exposición poderá visitarse ata o 30 de maio, en horario de 10 a…

Axenda

Hoxe

Non hai eventos para hoxe

Próximos eventos

Cartel da película
Juan Pinzás, director e guionista, e Pilar Sueiro, produtora executiva de Atlántico Films, serán os encargados de presentar a longametraxe con motivo da súa estrea nos cinemas de toda España o día 27 de maio. Filmada baixo os preceptos do decálogo pinzasiano ideado polo propio director para esta triloxía europea, falarán da singular rodaxe da mesma ao longo de dous anos en tempos de pandemia.  "…
Portada da novela
Trátase da primeira novela de Silvia Rodríguez, que se enmarca no xénero negro con tinguiduras costumistas, impregnada dun sarcástico sentido do humor que nos introduce no rural, coas súas peculiares tradicións e estilo de vida, e se interna na cabeza dun homicida cargado de reivindicacións ecoloxistas e sustentables. No acto de presentación a escritora estará acompañada por María de Meer,…