Información sobre materias competencia da Xunta de Galicia.

Atención á ciudadanía

Infraestructuras para as empresas gallegas que desexen darse a coñecer en Madrid.

DIFUSIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL

Accións orientadas a promocionar a obra de artistas e intelectuais galegos.

Promoción Cultural

Actualidade

28/01/2022
Mª Jesús Domínguez Sío, autora do libro, acompañada de Ramón Jiménez, Coordinador de actividades da Casa de Galicia; e de Ángeles López, en representación da editorial Almuzara.
Onte, 27 de xaneiro de 2022, xoves, coa asistencia de numeroso público, que lembraba os tempos anteriores á pandemia, a Casa de Galicia en Madrid serviu de marco para a presentación  do libro PINZÓN, EL MARINO QUE ADELANTÓ A COLÓN, de María Jesús Domínguez Sío, publicado pola editorial Almuzara. María Jesús Domínguez Sío, natural de Porriño (Pontevedra) e residente en Madrid, licenciada en…
18/01/2022
Participaron no acto de presentación do libro, de esquerda a dereita: o poeta Javier Lostalé, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia en Madrid, Ramón Jiménez; o autor do libro, José Cereijo; e en representación da Editorial Pre-Textos, Sergio Suárez Blanco.
Onte, 17 de xaneiro de 2022, a Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro de poesía “La luz pensativa”, do autor pontevedrés, natural de Redondela e residente en Madrid, José Cereijo, e que publicou a editorial Pre-Textos, na que xa publicara algunhas obras máis, como “La amistad silenciosa de la luna”, “Música para sueños” ou “Los dones del otoño”. Cereijo foi incluído tamén en…
13/01/2022
Un asistente ao acto de presentación contempla un dos debuxos da exposición de Mingos Teixeira.
O pasado martes 11 de xaneiro, inaugurouse na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a primeira exposición do presente ano 2022, a de debuxos do artista vigués Mingos Teixeira titulada "Fortes Feitizos". A exposición, que se compón de 40 obras de diferentes medidas ocupará as dúas salas da planta baixa do edificio ata o próximo 30 de xaneiro inclusive.  O pintor non puido asistir á…
15/12/2021
Participaron no acto de presentación do libro, de esquerda a dereita: o seu autor, Juan Paredes; o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez; o catedrático da Universidade de Xenebra, Carlos Alvar e o presidente do Grupo Editorial Sial-Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada.
Onte, 14 de decembro de 2021, presentouse na Casa de Galicia en Madrid o libro "Nuevos ensayos críticos sobre Emilia Pardo Bazán (Y una nueva selección de cuentos)", de Juan Paredes, publicado polo Grupo Editorial Sial-Pigmalión na súa colección Trivium, Biblioteca de Textos y Ensayo. O autor, catedrático emérito da Universidade de Granada e especialista en lírica románica medieval,…

Promocións

Seleccionada polo diario Financial Times como unha das cinco citas culturais máis importantes do mundo para este outono-inverno, a exposición fotográfica ‘Untold Stories’, que reúne máis de 150 instantáneas do icónico fotógrafo Peter Lindbergh, permanecerá accesible ao…

Como cada ano outono desde hai xa 15 anos, o Turismo Rural de Galicia e a gastronomía autóctona de tempada danse a man para celebrar o ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’. Este ano, as cociñas e restaurantes das 73 casas rurais…

Nova destacada

Non hai nova destacada

Exposicións

AXUSTE FORMAL - 50 x 40 cm (2019)
Mingos Teixeira presenta unha mostra que reúne corenta debuxos realizados con tinta chinesa e grafito.Con esta exposición o artista vigués reinvéntase persoal e artisticamente. A cor cede todo o espazo creativo para que as luces e as sombras pasen a ser os protagonistas das súas composicións sen deixar de manter o estilo persoal de composición e ritmo que caracteriza toda a súa anterior obra. A…

Axenda

Hoxe

Non hai eventos para hoxe

Próximos eventos

"Vista das Torres desde o inferniño" - Acuarela a cor 100 x 70 cm.
A mostra, composta por un conxunto de obras realizadas en tinta chinesa e acuarela, está dedicada en exclusiva á capital de Galicia, a súa cidade natal, e aos seus recunchos máis icónicos e inéditos realizados in situ polo autor con plumilla empregando ás veces o branco e negro da tinta chinesa e outras a cor. Unha viaxe máxica a través dos sentidos, que poderá visitarse ata o 27 de febreiro, en…