Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 787 resultados.

"Intencións" de María Luisa Rojo Grandío NOVAIS, na Casa de Galicia no mes de decembro

1. A artista NOVAIS ante unha das súas coloridas obras.

"Intencións" é o título da exposición de pintura da artista de Ponte do Porto, Camariñas, María Luisa Rojo Grandío que asina as súas obras como Novais e que poden verse durante o mes de decembro nas salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Na mostra, Novais plasma a súa vitalidade a través dunha paleta na que predominan laranxas e violetas, con gamas fortes e un estilo que pode ser, abstracción, expresionismo, cubismo, surrealismo e novaísmo, que sería o seu propio, resultado dalgunha das múltiples combinacións posibles entre os demais.

Na inauguración, o coor

A Fundación Barrié, en colaboración con SocialCo, celebrou na Delegación da Xunta en Madrid o "Taller de intercambio de experiencias en marca e comunicación interna 2017-2018"

Participantes e organizadoras do taller pousan co delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A Fundación Barrié, en colaboración con SocialCo -axencia de comunicación dixital especializada en ONG-, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o "Taller de intercambio de experiencias en Marca e Comunicación interna 2017-2018". Este taller realizouse nel marco do proceso de Consultoría, do Programa Más Social, desenvolto entre 2017 e 2018 pola Fundación Barrié, dirixido á realización dun plan de acción que axude a mellorar a comunicación interna das confederacións participantes con todas as súas entidades federadas.

A Fundación Barrié celebra na Casa de Galicia dúas xornadas de formación sobre Habilidades de Negociación e o taller de Experiencias en Marca e Comunicación Interna

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega pronuncia unhas palabras de benvida a organizadores e participantes nas xornadas da Fundación Barrié.

Durante dous días, hoxe 29 e manaña 30 de novembro, a Fundación Barrié celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dúas xornadas de formación, unha sobre desenvolvemento de habilidades de negociación, e a outra un taller de Intercambio de Experiencias en Marca e Comunicación Interna. Ambas accións intégranse dentro do programa Máis Social, da Fundación, que ten como obxectivo promover as sustentabilidade das entidades sociais en Galicia, e que grazas aos excelentes resultados, o formato realízase tamén a nivel nacional desde 2016.

Baltar na Casa de Galicia: "Non veño vender Ourense. Veño compartilo"

1. O presidente da Deputación José Manuel Baltar, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega e o presidente de AEGAMA Julio Lage.

"Non veño vender Ourense. Veño compartilo", dixo o presidente da Deputación José Manuel Baltar, para iniciar a conferencia "Ourense a provincia termal" que pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, acto organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA especialmente para os seus membros e amigos, aínda que aberta ao público en xeral. "Ourense é a segunda cidade termal de Europa, despois de Budapest, pero é a primeira provincia, pola cantidade de mananciais que hai en todo o territorio", destacou. "Dos seus 92 concellos, 12 teñen vilas termais e rexistramos a maior temperatura, 77 graos, en Río Caldo, en Lobios.

Conferencia na Xunta en Madrid; "O feminino e o político na novela Adeus para sempre Adeus", por Ana María Forneas

1. A relatora, Ana Mª Forneas, co coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O FEMININO E O POLÍTICO NA NOVELA ADIÓS PARA SEMPRE, ADIÓS, DE ANA MARÍA FORNEAS FERNÁNDEZ", pola propia autora, Ana María Forneas Fernández. No relatorio, a xornalista madrileña de ascendencia lucense analizou a difícil situación española a través da protagonista do libro, Clara, unha muller que a unha idade inoportuna debe enfrontarse a un despedimento debido á crise e dicir adeus ao benestar da súa vida anterior.

Lioba Simon: "Herbert Simon foi un dos pioneiros e probablemente unha das persoas que máis contribuíu á recuperación e a difusión do coñecemento do Camiño de Santiago"

De esda. a dta., o presidente da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid, Jorge Martínez-Cava, o xeólogo Enrique Álvarez Areces, a profesora Lioba Simon, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, e o presidente de honra da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz.

"Herbert Simon (1921-2003) foi un dos pioneiros e probablemente una das persoas que máis contribuíu á recuperación e a difusión do coñecemento do Camiño de Santiago", afirmou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia Lioba Simon Schuhmacher, profesora titular de Filoloxía da Universidade de Oviedo, vicepresidenta da Asociación VLTREIA para o fomento dos Camiños xacobeos medievais, con sede en Stuttgart (Alemaña), escritora e filla de Herbert Simon. Fíxoo na conferencia "Herbert Simon: un alemán no redescubrimiento do Camiño", que impartiu no ciclo "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos", organizado en colaboración coa "Asociación de Amigos de los Camiños de Santiago de Madrid", que preside Jorge Martínez-Cava, nunha sesión na que tamén tivo lugar a conferencia "Xeoloxía e rocas que fixeron posible a construción do patrimonio arquitectónico no Camiño de Santiago", de Enrique Álvarez Areces, doutor en Xeoloxía do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

Enrique Álvarez Areces: "O Camiño de Santiago ofrécenos a posibilidade de entender como actuou o tempo sobre a superficie das pedras"

Un momento da conferencia de Enrique Álvarez Areces, con parte do numeroso público que encheu a sala.

"O Camiño de Santiago ofrécenos a oportunidade, a través da análise do seu patrimonio histórico construído, de entender como actuou o tempo sobre a superficie das pedras ou de alcanzar unha visión sobre as relacións entre os conxuntos edificados e a súa contorna", expuxo hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o doutor en Xeoloxía e membro do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España Enrique Álvarez Areces, na conferencia "Xeoloxía e rocas que fixeron posible a construción do patrimonio arquitectónico no Camiño de Santiago". Álvarez Areces impartiu esta confrencia no ciclo "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos", organizado en colaboración coa "Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid", que preside Jorge Martínez-Cava, nunha sesión na que tamén tivo lugar a conferencia "Herbert Simon: un alemán no redescubrimiento do Camiño", de Lioba Simon, profesora da Universidade de Oviedo e vicepresidenta da asociación VLTREIA para o fomento dos camiños xacobeos medievais.

"En Blanco", de Manuel Mandianes, unha viaxe pola selva que combina soños, realidade, claroscuros e dilemas éticos

1. Na mesa, co libro en primeiro termo, Manuel Mandianes, Luís Alberto de Cuenca, José Ramón Ónega, José Manuel Vidal e Andrés Sánchez Magro.

En Blanco, do sociólogo e antropólogo galego Manuel Mandianes, mergulla ao lector na peripecia persoal dun home fondo e dubitativo que cruza o mundo por un ideal, atravesando a selva colombiana e confrontando os seus soños coa realidade. A obra, publicada por Unomasuno Editores presentouse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e é a primeira novela de Mandianes, autor dunha ducia de ensaios que lle aportaron a fama de pensador profundo e certeiro.

"Todos tenemos un muerto" de Javier Neira Pampín, presentouse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid

1. De esquerda a dereita, o médico e escritor F. J. Neira, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, o xornalista Paco Rivera e o tamén xornalista e editor Xulio Xiz.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación de "Todos tenemos un muerto", terceira novela do médico santiagués afincado en en Lugo, Francisco Javier Neira Pampín, editada por Galicia Dixital, escrita cunha prosa áxil, con todos os ingredientes do xénero policíaco e na que non falta o seu toque de humor persoal. O inspector Baena, con problemas de alcol e drogas tras o abandono da súa muller e a súa filla, debe pescudar que e quen está detrás do asasinato de Julián, o seu compañeiro de traballo.

"Cuaderno de Hollywood", último libro de Alfonso Armada, presentado na Delegación da Xunta en Madrid

1. Presentación do último libro de Armada; na imaxe, a artista iraniana Shirin Salehi, o escritor e xornalista Alfonso Armada, o coordinador de Actividades Ramón Jiménez, o traballador humanitario Gonzalo S. Terán e o editor Moncho Conde-Corbal.

"CUADERNO DE HOLLYWOOD" é o título do último libro de Alfonso Armada e que esta tarde se presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. A obra, editada por Elcercano, foi escrita polo xornalista nas viaxes que realizou para cubrir todos os anos a cerimonia dos Óscar da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de Hollywood, cando era correspondente en Nova York para o diario ABC.

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 787 resultados.