Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 121 - 130 de 766 resultados.

A exposición de pintura "Victoria Gándara" reúne na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia obras figurativas con tendencia á abstracción

Victoria Gándara ante unha das súas obras.

A Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid alberga este mes a exposición de pintura Victoria Gándara que, co nome da súa autora, artista zaragozana de ascendencia galega, reúne en dúas salas da Casa obras de pintura figurativa con tendencia á abstracción. Segundo a artista, nestas obras, realizadas cunha técnica mixta onde predomina a colaxe, "a realidade é unha desculpa para compoñer e crear, xogando coa cor e as texturas".

Asomega falla o Premio Nóvoa Santos 2016 a favor do endocrinólogo Bartolomé Burguera González

Reunión da Xunta Directiva de Asomega.

A Xunta Directiva da Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) acordou esta tarde nunha reunión que celebrou nas instalacións da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia conceder o Premio Nóvoa Santos 2016 ao doutor Bartolomé Burguera González. Previamente ás súas deliberacións, foron recibidos polo delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, quen lles desexo un frutífero traballo.

Santalices subliña na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o "papel insubstituíble de los parlamentos" na sociedade actual

O presidente de Asomega, Julio Ancochea, o presidente de PSN, Miguel Carrero, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices e o delegado da Xunta/director da Casa de Galicia,José Ramón Ónega.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid o "papel insubstituíble dos Parlamentos" na sociedade actual, a pesar dos avances rexistrados coas novas ferramentas de comunicación. Fíxoo na conferencia "Parlamento de Galicia, Medicamento e Sociedade", que pronunciou dentro do ciclo "Medicamento e Humanidades", organizado pola Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) e Previsión Sanitaria Nacional (PSN). Interviñeron no acto, ademais do relator, o presidente de Asomega, doutor Julio Ancoechea, o presidente de Prevención Sanitaria Nacional (PSN), Miguel Carrero, e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega. Entre os asistentes achábanse os deputados Pilar Rojo e Miguel Ángel Viso e numerosos directivos das entidades organizadoras.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolle a presentación do libro "Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo", do humorista gráfico Siro López

O director da Real Academia Española, Darío Villanueva Prieto; o humorista gráfico, Siro López; o delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; e o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González.

A Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro "Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo", un ensaio do caricaturista e humorista gráfico Siro López, o primeiro que analiza a creación do humorismo nesta obra fundamental da novela moderna. Está escrito en galego e foi publicado na colección Cadernos de Ramón Piñeiro, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, editor do volume. Interviñeron na presentación, ademais do autor, o director da Real Academia Española, Darío Villanueva Prieto, o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González González, e o delegado da Xunta de Galicia e director da Casa, José Ramón Ónega López.

A Xunta Directiva da Sociedade Científica Española de Psicología Social prepara o seu próximo congreso na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia

O delegado da Xunta/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, no centro, con membros da Xunta Directiva da Sociedade Española de Psicoloxía Social.

A Xunta Directiva da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social, que preside o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Sabucedo, celebrou hoxe a súa reunión anual nas instalacións da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, onde foron recibidos polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, como xa sucedese en anos anteriores. O encontro tratou, entre outras cuestións, a preparación do seu próximo congreso.

Os viños de Valdeorras, da anada de 2016, conquistan Madrid na Casa de Galicia

Javier Maté, Francisco García Álvarez, a directora xeral Belén do Campo, o delegado da Xunta/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, Avelino García e Miguel Ángel Viso.

Un total de 53 referencias de brancos e tintos de Valdeorras, pertencentes a 21 adegas, a metade das que conforman a Denominación de Orixe (D.O.), puideron degustarse esta tarde na Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid no acto de presentación da anada 2016 da comarca, no que participaron representantes dos ámbitos institucional, político, empresarial e social da capital de España, así como diversos distribuidores e restauradores de prestixio.

Aegama organiza na Casa de Galicia en Madrid a xornada empresarial "Venda sen freos"

Pablo Carcelén, o locutor Elías Rodríguez e José Cerdeira.

A Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama), que preside Julio Lage, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a xornada empresarial "Vendas sen freos", que estivo a cargo de Pablo Carcelén, director de Expansión da escola de negocios Level Up, Máster en Márketing, Finanzas e Recursos Humanos e experto asesor empresarial. Unha iniciativa que tiña por obxecto ofrecer aos empresarios recursos para mellorar os seus resultados.

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "Mazurca para Camilo José Cela"

Pousado de Paco López-Barxas, o delegado da Xunta/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, Xosé A. Perozo, Darío Villanueva, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e César Antonio Molina.

A Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro ‘Mazurca para Camilo José Cela', un volume coordinado por Paco López-Barxas e publicado por Auga Editora coa colaboración da Xunta de Galicia -a través da Consellería de Cultura- que reúne 16 traballos sobre a figura e a obra do escritor padronés nos que se recupera a memoria do que foi un dos artífices das mellores páxinas da literatura española de todos os tempos. Conta cun prólogo de Darío Villanueva e textos de César Antonio Molina, Xosé A. Perozo, Mariano Tudela e García Sabell, entre outros.
 

"Moita maxia... e humor galego" na Casa de Galicia en Madrid a cargo de Luís Boyano

1. De esquerda a dereita, Rocío de Elías, axudante de Boyano; o ilusionista Luís Boyano e o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez.

"Pódese vivir sen diñeiro; máis difícil é vivir sen saúde; pero é imposible vivir sen ilusión", expón Luís Boyano como filosofía vital. O ilusionista pontevedrés ofreceu esta tarde, na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, o espectáculo "Moita maxia... e humor galego", cos novos xogos que presentou recentemente no programa de TVE, "Desafía a túa mente", do que na actualidade xa está a rodar a segunda tempada, que  tamén se emitirá na canle National Geografic.

O equipo do proxecto europeo "EMPATTICS", liderado pola ACIS, reuniuse na Casa de Galicia para avanzar nos seus traballos

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, saudando aos membros do equipo do Proxecto EMPATTICS.

O equipo do proxecto europeo EMPATTICS (Empowering Patients for the Better Information and Improvement of the Communication Systems), liderado pola ACIS (Axencia de Coñecemento en Saúde, do Servizo Galego de Saúde) e que conta coa participación de oito entidades de cinco países europeos, mantivo hoxe unha reunión nas instalacións da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia para avanzar nos seus traballos. Foi recibido polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, que lle deu a benvida e deséxolle sorte nos seus labores.

Mostrando o intervalo 121 - 130 de 766 resultados.