Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 141 - 150 de 765 resultados.

X. Rivada presenta na Casa de Galicia a exposición "Ideas fuxidas", de escultopinturas e esculturas relacionadas co mar

Rivada, Jiménez e Neto, na presentación da exposición, coa escultura Cigarrón en primeiro termo.

X. Rivada, pintor lucense, de San Cosmede, criado en Verín, presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición "Ideas fuxidas", de escultopinturas e esculturas, afastadas dos grandes volumes aos que afai, de tamaño mediano/pequeno, en diversos materiais e de temática relacionada co mar. Está aberta ao público ata o próximo 31 de marzo.

A Casa de Galicia en Madrid acolle durante dúas semanas as sesións de formación de "Más Social Conecta" da Fundación Barrié

1. De esquerda a dereita, a vicepta. da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías , o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e a directora de Acción Social da fundación Pilar Pérez.

A vicepresidenta da fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías xunto coa directora de Acción Social, Isabel Pérez, foron recibidas esta mañá polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega. A visita produciuse no marco das sesións formativas "Más Social Conecta" que acolle a Casa durante dúas semanas (de martes a xoves) e que están dirixidas ás entidades nacionais do terceiro sector beneficiarias de Más Social Conecta, unha iniciativa que está dentro do Programa Más Social da Fundación Barrié, que posibilita o desenvolvemento da web corporativa a entidades de acción social.

O pintor de ascendencia ourensá Jaime Galdeano expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra "Meigas boas"

Ysmér, Galeano e Jiménez.

Jaime Galdeano, pintor de ascendencia ourensá, expón este mes de marzo na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Meigas Boas" que axunta obras pictóricas de mediano e gran tamaño realizadas con variadas técnicas -acuarela, óleo, acrílico e mixtas- e linguaxes cromáticas e teñen como temática común a mulleres fortes e independentes que o artista identifica coas "meigas boas". A exposición, inaugurada esta tarde, permanecerá aberta ao público ata o 31 de marzo nas salas A e L da Casa.

Presentación na Casa de Galicia de "La dama de las sombras", biografía novelada sobre a angustia vital de Rosalía de Castro

Fernán Vello, Seoane, o presidente do Consello de Estado, Romay Beccaría, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e Mayoral.

"La dama de las sombras", unha biografía novelada sobre a angustia vital da poeta Rosalía de Castro, a versión ao castelán de "A dama da noite" realizada polo propio autor, o coruñés Xavier Seoane, e publicada por Reino de Cordelia, presentouse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, na véspera do 180 aniversario do nacemento de Rosalía. No acto interviñeron, ademais do autor, o escritor e deputado Miguelanxo Fernán Vello, a escritora Marina Mayoral, o editor Jesús Egido, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que o presidiu e clausurou, e o delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

O mundo dos duelos, analizado hoxe na Casa de Galicia polo escritor e profesor José María Peláez

O profesor Peláez e Jiménez, durante a conferencia, que estivo acompañada de proxeccións.

O mundo dos duelos, como conflitos armados entre contendentes pola defensa da honra, que está vinculado a ámbitos históricos, literarios, técnicos, sociolóxicos e legais, foi o tema da conferencia que impartiu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o experto en armería antiga, escritor e profesor xubilado da Universidade de Vigo José María Peláez Valle, "Os duelos, a esgrima e Valle-Inclán". Entre os duelistas aos que se referiu figurou de forma destacada o escritor galego Ramón del Valle-Inclán, que perdeu o brazo esquerdo nunha disputa sobre un duelo.

A Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela "La jueza y el tendero", do coruñés afincado en Lugo Manuel Eduardo López

Véliz del Carpio, Manuel E. López, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o coñecido xornalista Fernando Ónega, Palacio Cantos, Hernán e Puri Sánchez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "La jueza y el tendero", do coruñés afincado en Lugo Manuel Eduardo López, editado por Piediciones. Un relato que se desenvolve en Lugo, "sobre política e corrupción, sobre ambición e loita de poder, sobre a realidade mesma" coa particularidade de que o lector vivirá a historia "desde dentro", "palpará a normalidade da vida do protagonista, sentirá a súa angustia e temerá os tentáculos da xustiza", adelanta la editorial.

O Concello de Arbo presenta na Casa de Galicia la LVII Festa da Lamprea, que terá lugar o último fin de semana de abril de 2017

O presidente do C.R. Rías Baixas, Juan Gil, a directora xeral Nava Castro, a secretaria de Estado Matilde Asián, o alcalde Horacio Gil e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, ante o bodegón da presentación.

As instalacións da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foron o escenario elixido polo Concello de Arbo (Pontevedra) para presentar en Madrid a profesionais do sector turístico e medios de comunicación a "Tempada da lamprea 2017" e a "LVII Festa da Lamprea", que terá lugar o último fin de semana de abril, do día 28 ao 30, por primeira vez como Festa de Interese Turístico Nacional.

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición "Kontrakorriente" da multidisciplinar Pilar Santos

1. Pilar Santos coas súas esculturas pintadas, na Sala B da Casa de Galicia.jpg

As salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerán ata o día 26 deste mes a exposición de pintura e escultura "KONTRAKORRIENTE", na que a artista coruñesa afincada en Madrid Pilar Santos, capaz de expresarse en múltiples e variadas manifestacións incluíndo a música (piano, contrabaixo, canto...), ofrece nesta mostra un amplo conxunto de obras -escultopinturas- que destacan pola súa cor, inspiración, creatividade, composición, trazos, humor, sorpresa, tenrura...

Francisco Javier Neira Pampín presentou na Casa de Galicia en Madrid a súa novela "El sabor amargo de la fruta madura"

1. De esquerda a dereita, o autor Fco. Javier Neira Pampín; o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o xornalista Xulio Xiz.

"¿Que levou a Alejandro -froita madura e protagonista da novela-, a pasar os últimos momentos da súa vida nunha residencia de anciáns, na maior indigencia, cando na súa vida profesional había conseguido todo o que unha persoa pode desexar?". O médico de Compostela fincado en Lugo Francisco Javier Neira Pampín, que asina F. J. Neira, ofrece a resposta a esta cuestión na novela editada por Galicia Dixital, El sabor amargo de la fruta madura, e que deu a coñecer hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. A presentación correu a cargo do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, e nela tamén interveu, ademais do autor, o xornalista Xulio Xiz.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro da Real Academia de Gastronomía "Alta cociña Galega"

1. De izq. a dcha.,o presidente da Academia de Gastronomía Rafael Ansón, a directora de Turismo Nava Castro, o delgado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o cociñeiro Pepe Solla.

A Casa de Galicia de Madrid acolleu esta mañá a presentación do libro editado pola Real Academia de Gastronomía Alta Cociña Galega que recolle  a traxectoria e receitario de catorce dos mellores cociñeiros da nosa comunidade así como unha detallada selección das nosas mellores materias primas. O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; e o cociñeiro galego Estrela Michelin, Pepe Solla.

Mostrando o intervalo 141 - 150 de 765 resultados.