Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 231 - 240 de 765 resultados.

A Casa acolleu a presentación de "Xantar Contigo", unha oferta de dieta atlántica equilibrada e nutritiva

1. El delegado da Xunta José Ramón Ónega e o dr. xral de Airas Catering, Xabier Freire no acto de presentación, con parte dos produtos, a esquerda.

A Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación de Xantar contigo da empresa compostelá "AIRAS CATERING", un programa gastronómico, nutritivo e equilibrado, da dieta Atlántica, elaborado con produtos galegos de máxima calidade, pensado e deseñado para persoas que non dispoñen de tempo para cociñar ou non se atopan en disposición de poder facelo. Conta con menús formados por máis de 250 pratos que se adaptan a calquera tipo de necesidade alimentaria e nutricional específica.

Presentado na Casa "La venganza del difunto", o último libro do escritor e xornalista Carlos Reigosa

1. De esquerda a dereita Ángel Basanta, Carlos Reigosa, José Manuel Romay, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, Alfonso Palomares e Domingo Villar.

A Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a presentación DE "La venganza del difunto", última obra do xornalista e escritor lucense Carlos D. Reigosa, na que, "con fondo histórico, sucede durante a II Guerra Mundial en Vigo e en 2016 en España e Arxentina".

Toño Vila expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra fotográfica "Faros de Galicia"

Vila entre dous das súas fotografías.

O fotógrafo coruñés Toño Vila (Boiro, 1972) expón na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a mostra fotográfica "Faros de Galicia", na que 49 faros relevantes de Galicia e a súa contorna paisaxística protagonizan outras tantas imaxes. Pode contemplarse ata o próximo día 29.

La Casa acolleu esta mañá a "World Wine Experience. Un percorrido polos viñedos do mundo", con ponencias e viños nacionais e internacionais con ampla presencia de etiquetas galegas

1. De esquerda a dereita Eliseo González dr. xral. de swws.eu; Ted Lelekas, vicepresidente da Federación Internacional de Periodistas do Viño; Isabel Mijares, enóloga e vicepresidenta da Federación Internacional de Periodistas do Viño; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; Brigitte Leloup, presidenta da Asociación de Sumilleres de Europa; Rose-Michelle Bensadon, cronista e blogger; Alain Leloup, Bernard Burtschy crítico de viños en Le Figaro; Rafael del Rey, director del Observatorio Español de Mercados deoViño, xerente da Fundación para a Cultura do Viño e Carlos Mateu director do portal web especializado en enoturismo e catas ‘catadelvino.com'.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a xornada "World Wine Experience. Un percorrido polos viñedos do mundo", con varios relatorios sobre o pasado, presente e futuro do viño no mundo, cultura, comercialización e regulación, a cargo de expertos de referencia nacional e internacional, con posterior cata de viños de diferentes países incluíndo unha destacada presenza de viños galegos.

A Casa de Galicia acolle a exposición fotográfica "Unha mirada", sobre os primeiros traballos de Gonzalo Hernández-Vallejo

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, intervén flanqueado polos doutores Hernández-Vallejo e Pérez Vázquez e os profesores Sánchez-Soto e Zarza.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolle desde hoxe e ata o próximo día 29 a exposición fotográfica "Unha mirada", sobre os primeiros traballos do cinematógrafo e fotógrafo Gonzalo Hernández-Vallejo, imaxes que o autor define como "interrelacionadas mediante a xeometría e a cor".

Presentado na Casa o estudo "Turismo Termal en España" no que destaca Galicia como primeira potencia

1. De esquerda a derita, Mario Crecente, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, Manuel Baltar, Fernando Bayón e Javier Guillén FOTO ALBERTO PAZ.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do estudo "Turismo Termal en España" na que interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o autor da publicación "Turismo Termal en España", Mario Crecente; o director xeral da Volta a España 2016, Javier Guillén; o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Fernando Bayón; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O acto contou coa asistencia de máis dun centenar de persoas, especialmente de medios de comunicación e profesionais do sector turístico.

A Casa de Galicia acolle a reunión do Comité Directivo da Acción Europea "Cost Water_2020"

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e o catedrático da USC Juan M. Lema ante os membros do Comité.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a reunión do Comité de Dirección da Acción Europea "Cost Water_2020", unha rede de tratamento de auga. O Comité, órgano executivo da Acción, está composto por nove membros dirixidos polo coordinador da iniciativa, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Juan M. Lema Rodicio, aos que deu a benvida ás instalacións da Casa o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da mesma, José Ramón Ónega López.

Emilio Fernández Suárez disertou sobre o "Campus do Mar", "unha agregación estratéxica transfronteiriza para a excelencia"

Fernández Suárez nun momento da súa disertación.

O profesor Emilio Fernández Suárez, investigador e director do Campus de Excelencia Internacional "Campus do Mar", clausurou hoxe o ciclo de conferencias "Galicia á vangarda da investigación mariña" que se desenvolveu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coordinado polo doutor Antonio Villalba García (investigador do Centro de Investigacións Mariñas, Xunta de Galicia, Vilanova de Arousa) co obxectivo de "divulgar a excelencia e a transcendencia da actividade investigadora como xeradora de innovación e actividade económica e como foco de atracción e irradiación internacional na formación de investigadores". Fernández Suárez pechou o ciclo coa conferencia "O Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. As capacidades de investigación e formación mariña de Galicia proxectadas cara ao mundo", na que mantivo que este organismo supón "unha agregación estratéxica transfronteiriza para a excelencia".

Asomega celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

Un momento da reunión.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral anual correspondente a 2016. Nela sucedeu na Presidencia a Melchor Álvarez de Mon Soto o anterior vicepresidente primeiro Julio Ancochea Bermúdez.

Vicente Araguas presentou na Casa "AGORA XA FOI" reeditada despois de quince anos por Edicións Embora

1. Vicente Araguas, Ramón Jiménez e Francisco Rodríguez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "Agora xa foi" do escritor, poeta e crítico literario Vicente Araguas, reeditada pola ferrolá Edicións Embora, quince anos despois de que o fixese Laiovento no 2000. A obra, que está chea de tenrura, humor, amor, escepticismo e distanciamento desenvólvese en só tres días en diferentes lugares da cidade de Ferrol, e está protagonizada por un grupo de mozos militares de esquerda que traman nos anos setenta unha acción política, aproveitando un encontro de fútbol do Racing de Ferrol no antigo campo Manuel Rivera, máis coñecido polo nome do barrio no que estaba, o Inferniño.

Mostrando o intervalo 231 - 240 de 765 resultados.