Numerosos profesionais do ámbito sanitario interesáronse na Delegación da Xunta en Madrid polo "21 Congreso Nacional de Hospitales y Gestión Sanitaria"

Foilles presentado polo seu presidente, Ramón Ares, despois de que o dese a coñecer aos medios de comunicación
Madrid, 3 de abril de 2019.

Numerosos profesionais do ámbito sanitario interesáronse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia polo "21 Congreso Nacional de Hospitales y Gestión Sanitaria", que lles foi presentado polo seu presidente, o xerente do hospital de Lugo, Ramón Ares, pouco tempo despois de que fixese a presentación para os medios de comunicación.

O Congreso, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, reunirá a máis de 2.000 directivos e xestores sanitarios de toda España. Coa innovación como eixo vertebrador, incluirá máis de 40 mesas de expertos en distintos ámbitos do sector sanitario, nas que se realizarán debates, análises e talleres sobre distintos temas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes