Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

AEGAMA clausura na Casa as súas actividades de 2014 con preto dun centenar de asistentes

Destacan os premios Victoriano Reinoso e o estreitar lazos coas asociacions de empresarios galegos en América
Madrid, 15 de decembro de 2014.

Un ano máis, a delegación da Xunta de Galicia en Madrid/ Casa de Galicia, acolleu o acto de clausura de actividades de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid) á que pertencen preto de 300 empresarios de orixe galega.

Na súa intervención, o presidente Julio Lage destacou das celebradas: os premios Victoriano Reinoso “o noso acto estrela” e tamén as que permitiron o “extraordinario achegamento experimentado coas asociacións de empresarios galegos en América, especialmente de Estados Unidos, México e República Dominicana, o que sen dúbida está abrindo novas posibilidades de mercado para os membros de AEGAMA”.

Lage destacou tamén, ante preto dun centenar de asociados, as diferentes actividades realizadas “encamiñadas tanto a incrementar o número de socios como a facilitar a interrelación dos que xa a integran”, así como “a participación activa na homenaxe a José Ramón Ónega, persoa moi querida para nós”.

No transcurso do acto, cuxa presentación correu a cargo do seu xerente, Pepe Cerdeira, fixéronse entrega de distincións a varios dos seus membros, pola “lealtade e fidelidade” á mesma. E tamén dos premios aos gañadores do “III Torneo de Golf” disputado en novembro de 2014, que presentou Jesús Marón.

A clausura contou coa actuación musical de STORMY WEATHER co mellor jazz e soul, e coa degustación dos xeados "Bico de Xeado", produtos de Granxa O Cancelo, que se presentaron recentemente na Casa; e do espumoso galego CHRIS, con D.O. Valdeorras, producido en terras ourensás de A Rúa que está abrindo mercado tamén en Madrid con gran éxito e acollida.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes