Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia en Madrid remata 2014 con máis de 200 actividades e coa entrega de distincións a destacadas personalidades pola súa vinculación a Galicia

Rueda e Romay presidiron o acto de clausura
Madrid, 11 de decembro de 2014.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe a ‘Clausura das Actividades 2014' da Casa de Galicia xunto ao presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría. Rueda destacou que a Casa de Galicia levou a cabo unha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais,  institucionais referidos a Galicia. O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, destacou a culminación dun ano cunha larga actividade e constante traballo.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde xunto ao presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, a clausura das actividades 2014, na que destacou que a Casa de Galicia en Madrid converteuse nun referente na actividade cultural da capital española.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, destacou que este acto é a culminación dun ano dunha larga actividade e constante traballo no que sinalou que a Casa de Galicia levou a cabo máis de 200 actos e celebracións, cunha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais,  institucionais e de relación humana referidos a Galicia.

Destacou tamén o intensa labor que realizan a Oficina de Turismo e a Aula de Galego, cunha alta demanda de ensino da nosa lingua, non só por parte de persoas oriundas de Galicia senón tamén doutras autonomías.  Ónega incidiu en que a Casa de Galicia é o punto de encontro, espazo e lugar de traballo e reunión dos directivos e membros das asociacións profesionais e culturais galegas en Madrid, como AEGAMA (Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid); ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos en Madrid); IURISGAMA (Asociación de Juristas Gallegos en Madrid); Club de Periodistas Gallegos, Orden da Vieira, e FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid).

Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de distincións a destacadas personalidades dos ámbitos cultural, económico e social, tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e á súa Casa en Madrid. Entre outros, foron distinguidos a ex-secretaria de Estado, Carmen Becerril; a ex-presidenta do Tribunal Constitucional de España, Emilia Casas; o embaixador de Portugal en España, Francisco Ribeiro de Menezes, e a delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid,  Cristina Cifuentes, entre outros.

 

Listado completo das distincións

-         Carmen Becerril Martínez. Ex Secretaria de Estado de Enerxía.

-         Leopoldo Calvo Sotelo Ibáñez-Martín. Marqués da Ría de Ribadeo. Ex subsecretario do Ministerio do Interior. Letrado Maior do Consello de Estado.

-         Luz Casal Paz. Cantante de pop-rock

-         María Emilia Casas Bahamonde. Ex presidenta do Tribunal Constitucional de España.

-         Javier María Casas Estévez. Maxistrado. Ex presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

-         Cristina Cifuentes Cuencas. Delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid.

-         Francisco Ribeiro de Menezes. Embaixador de Portugal en España.

-         Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa. Presidente do Consello Xeral de Procuradores dos Tribunais.

-         Manuel José Guiote Linares. Xeral de Brigada de Sanidade do Exército.

-         María Lage Prieto. Vicepresidenta do Centro Galego de Madrid.

-         Manuel Medina González. Avogado.

-         Ramón Tamames Gómez. Economista do Estado. Catedrático de Estrutura Económica. Premio Nacional de Economía. 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes