Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Bakin´ Blues Band ofreceu un concerto na Casa

A formación compostelá funde jazz, country, funky e temas de folk galego
Madrid, 15 de abril de 2013

A Bakin Blues Band de Santiago de Compostela, que estará en Madrid toda a semana, ofreceu hoxe na delegación da Xunta en Madrid un concerto para difundir no Foro o seu amplo repertorio no que ademais de recoller as influencias da música afroamericana, jazz, country, funky e soul, adaptan tamén ao seu estilo temas tradicionais do folk galaico. A banda intégrana cinco experimentados músicos, Javier Turnes, voz e guitarra; David “Tato”, guitarra; David Prieto, baixo e voz; Alejandro Casquero, piano; e  Pablo Bárez, batería.

Na presentación do acto, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez explicou que a Bakin Blues Band comezou a súa andaina no ano 2008, e está integrada por músicos “galegos de reputado prestixio –profesores algúns deles das Escolas de Jazz e Blues de Santiago de Compostela e Madrid- cunha longa tradición na interpretación de música negra e importante presenza en diversas formacións do panorama musical desde principios do noventa”. Tamén que a Banda ofreceu concertos ininterrompidamente tanto nos circuítos institucionais como en locais privados, desde as salas de Compostela ás do resto de Galicia e Portugal; participado ademais en Festivais de Blues como o de Hondarribia, no País Vasco, ou o “BluesnoSil”, en Ourense. Ademais compartiron  escenario con prestixiosos artistas, como Marcos Coll ou Tonky de la Peña, ampliándose por outra banda a formación do inicial cuarteto ao septeto que chegou a ser, adaptándose o número de membros segundo as circunstancias.

A banda caracterízase especialmente pola potencia dos seus directos e  vive un ano musical moi  efervescente, xa que nesta xira presentan,  o longo da A-6: “Jumpin' in a deep blue sea”, lanzándose ao mar profundo, pois a banda naceu dacabalo entre Santiago e Finisterre, o punto máis próximo ás Américas.

Para Javier Turnes, “quizá non fose desacertada unha analoxía entre  a A6 que conecta Galicia e Madrid e a Interestatal 55 que une New Orleans con Chicago. O blues arcaico, rural e aguerrido, e o blues eléctrico e brillante da cidade. Unha analoxía probable que moitos dos músicos galegos fixeron. Ese camiño cara á capital, cos seus blues ao lombo e seguramente se sentiron como aqueles vellos bluesman que partían de provincias cara á gran cidade, o outro lado do Atlántico”.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes