Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolleu, con más de medio centenar de persoas, o debut en Madrid do grupo "Os Trasnos da Gaita" integrado por cinco rapaces pontevedreses de entre 13 e 18 anos

Todos eles iniciáronse na música con 5 e 6 anos e pertencen á asociación viguesa do mesmo nome
Madrid, 8 de xullo de 2013.

"A calor de Madrid non lle senta ben aos instrumentos", dicían os rapaces momentos antes de saír a escena, que estiveran ensaiando desde pola mañá. Na sala agardáballes a calidez de preto de setenta persoas. Un público entregado para recibir os sons da gaita e as percusiones. "Os Trasnos dá Gaita", tocaron esta tarde por primeira vez en Madrid como grupo. Intégrano cinco mozos músicos de entre 13 e 18 anos, que son: Samuel Bugarín, gaita en Do e en Sol, pito en Re, requinta e culleres; Xandre Otero, gaita en Do e en Re e pito en Re; Xavier Santos, tambor, conchas e tarrañolas; Luís Bartolomé, tambor e pandereta; e Xoán Bartolomé, bombo, ferriño e chascarraschás.

A presentación do acto realizouna o Coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez e nela comentou que a tradución ao castelán do nome do grupo, (como deferencia á parte do público que non é de orixe galega), sería "los duendes de la gaita" e engadiu que se ben é "é normal que os músicos se sucedan uns a outros na roda da vida, xa non o é tanto encontralos tan novos e de tanta calidade organizados en Bandas como a que esta tarde nos visita".Os trasnos dá Gaita son herdeiros dos grandes quintetos tradicionais do século XX, e comezaron a súa andaina como grupo no ano 2010, sendo considerados hoxe en día como parte importante dunha emerxente nova xeración de músicos galegos que trata de abrirse camiño no presente século. A pesar da súa curta idade como Grupo, actuaron xa en numerosos espazos, festivais ou auditorios, despois de chegar a compartir escenario con grupos tan sinalados no actual panorama musical de Galicia como Noitarega (que, por certo, tamén actuou na Casa nun par de ocasións), e conseguindo o aplauso do público,".
Os trasnos, que xurdiu como homenaxe aos grandes autores de Galicia, interpretaron un repertorio composto por unha selección das mellores pezas de música tradicional galega, combinando gaitas en distintas tonalidades, requintas ou pitos. Entre outras ofreceron O San Campio é noso e De Brincadeira, de Moxenas; Entre ou millo, de Anxo Pintos; Lembranzas do Gaiteiro e Muiñeira do lagares, de Enrique Otero; as Xotas do Besbello e para Nerea, e A cachimba Dourada, de Iván Costa; Pasodobre, pasodobre, de Xesús Vaamonde; e as tradicionais Xotas de Ordes e do García; A Cotula e Lévame Lévame.Os mozos se inicaron na música tradicional con só 5 e 6 anos de idade, nas diferentes asociacións dos seus lugares de orixe (Tui, Pazos de Borbén e Vigo) onde tiñan en común ao mestre Xosé Oliveira. Tamén forman parte doutro grupo "Moxenas Musical Galego", que o compoñen uns corenta músicos e contan tamén con guitarras, teclados, e clarinetes.
Calorosos e entusiastas aplausos para " Os Trasnos dá Gaita" e tamén para as súas familias porque "ningún temos aínda carné de conducir e sen elas non poderiamos estar aquí", dixo con gran lóxica, Luis Bartolomé.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes