Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Concerto de guitarra e clarinete do dúo Qitayes

A formación musical, que naceu en Holanda no ano 2010, compóñena Rocío Campos, clarinete e Víctor Landeira, guitarra e de orixe galega
Madrid, 25 de xuño de 2013

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde o concerto de guitarra e clarinete ofrecido polo Dúo Quitayes, formación musical que naceu no ano 2010 na cidade holandesa de A Haia, e composta por Rocío Campos, clarinete e Víctor Landeira, guitarra e ademais neto de galegos que se estableceron en Canarias. O obxectivo de ambos os dous era, ademais de interpretar, investigar o escaso repertorio que existe para estes instrumentos e adaptar para eles as obras camerísticas máis importantes.

 

Na presentación do acto, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez recordou que Víctor Landeira xa actúó na Casa con anterioridade, pois “ofreceu un recital de guitarra nesta mesma sala o 19 de febreiro de 2009, dentro dun Ciclo de concertos denominado Galicia en Música que por aquel tempo celebrabamos. E foi Víctor quen agora, animado polo desexo de reforzar os seus lazos coa terra do seu avó, propuxo este novo concerto, nesta ocasión dun Dúo de dous instrumentos bastante inusuais, dentro das agrupacións de cámara, como son o clarinete e a guitarra.

O repertorio de Qitayes conformárono pezas de diferentes estilos e épocas, dende o Romanticismo decimonónico ata a vangarda máis actual, e dedican unha especial atención aos autores españois e aos de vertente máis popular.

Na Casa interpretaron Duet per clarinet i guitarra, de Joaquim Homs (1906-2003), compositor catalán falecido hai unha década; Dúo para clarinete e guitarra de Víctor Landeira (1984 *) e Drei Romanzen Op. 94 de Robert Schumann (1810-1856) con arranxos do propio Landeira. Tras unha breve pausa interpretaron O murmurio dos desposuídos e O regreso. Homenaxe ao pobo Saharauí de Leandro Ramos (1960 *) para rematar con Drei VorstragsstückeI; Praeludium; II Villanelle mit Variationen; e III Rondo-Walzer, de Ferdinand Rebay (1880-1953). E ademais, de forma xenerosa, ofreceron varios bis.

Víctor Landeira, (Guitarra) naceu en Carrizal (Gran Canaria) en 1984 e posúe unha sólida traxectoria. En 2006 obtivo o título de Pedagoxía da guitarra no Conservatorio Superior de Música de Canarias cos profesores Carlos Oramas e Fernando Bautista. Posteriormente, continuou os seus estudos con Enno Voorhost Y Zoran Dukic no Real Conservatorio Da haia (Holanda), finalizando un máster en interpretación en 2011.En 2007 foi galardoado co primeiro premio do XII Concurso Internacional de Guitarra da Fundación Canaria Blas Sánchez. Recibiu bolsas artísticas da Fundación MAPFRE Guanarteme (2007/08) e da Fundación Universitaria da Las Palmas de Gran Canaria (2008/09 e 2010). Estreou obras propias e doutros compositores. É así mesmo membro de PROMUSCAN. Acompaña cantantes con regularidade e dá recitais con diversas formacións camerísticas. Realizou dúas gravacións para o selo RALS ademais da gravación da obra para guitarra de Alfonso Broqua. A súa formación compleméntase con estudos de musicoloxía na Universidade de La Rioja.

Pola súa banda, Rocío Campos, (Clarinete), ampliou os seus estudos especializándose co profesor Pierre Woudenberg en Música de Cámara no Royal Conservatoire de A Haia (Holanda), onde fundou Qitayes con Landeira e ao igual que el, complementa a súa formación con estudos de musicoloxía na Universidade de La Rioja.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes