Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Domínguez Rey reivindica en Madrid a figura de Amor Ruibal e cualifícao como "o científico humanista máis grande de Galicia"

O doutor e catedrático da UNED afondou na Casa de Galicia sobre o destacado pensador, filósofo, lingüista e teólogo galego
Madrid, 21 de outubro de 2014

"Ángel María Amor Ruibal (1869-1930) é o científico humanista máis grande de Galicia e instruído da Igrexa", dixo o catedrático da UNED Antonio Domínguez Rey na conferencia "Ángel Amor Ruibal: Lingüista e filósofo", que a Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe, coincidindo co centenario da publicación do primeiro tomo de Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma, obra de referencia do destacado pensador, filósofo, lingüista e teólogo galego.

A presentación do relator realizouna o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, quen sinalou que Antonio Domínguez Rey é doutor en Filosofía e Lingüística e catedrático de Lingüística Xeral da UNED, ademais de poeta. De feito recordou que que "nesta mesma Sala ofreceu hai dous anos unha lectura poética con motivo da reedición do seu libro Lúa Loura".

Para Antonio Domínguez Rey, malia o pouco recoñecemento que Amor Ruibal tivo en España, explicou que "a súa obra divulgouse, non obstante, en Italia, Alemaña (tiña relación coa editorial Herder), Francia e probablemente Inglaterra (Oxford). Unha revista americana fíxose eco, por exemplo, do segundo volume dos Problemas Fundamentais da Filología Comparada, imprimidos en Santiago e publicado en Madrid en 1905. É o primeiro lingüista español que obtén unha recensión tan recente en Estados Unidos", algo que segundo o conferenciante é unha novidade pois ata agora se descoñecía este feito.

Domínguez Rey dixo que "Ruibal era un sabio e fixo unha das sínteses máis completas do pensamento filolóxico e lingüístico dende as súas orixes, en 1900, e estableceu as raíces do seu pensamento filosófico e teolóxico dende a sistematización da linguaxe".

Amor Ruibal estableceu "un sistema de relatividade ou correlacionismo ontolóxico", o que significa que "os seres do Universo dependen relacionalmente uns doutros e só así cabe entendelos”, non en van dicía en broma, que "Einstein o copiara". Ademais, coincidiu en parte con ideas de Husserl, sen saber un doutro, e antecede noutras a Heidegger, Ortega e Zubiri".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes