Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa dedica un relatorio á "paisaxe arbórea do Camiño" a cargo do enxeñeiro e peregrino Santiago Soria

A delegación da Xunta en Madrid acollerá durante toda a semana a décimo cuarta edición do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos"
Madrid, 24 de novembro de 2014

"É unha conferencia inédita e ademais, moi poucas veces tratouse o Camiño dende este punto de vista", dixo José Antonio Ortiz, presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid na presentación da xornada inaugural da décimo cuarta edición do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos" que se celebrará na Casa durante esta semana. Ortiz explicou que "O Seminario adquire o sobrenome de José Antonio Cimadevila Covelo (Santiago 1919, Madrid 2001) en memoria e recordo deste galego ilustre, que no ámbito xacobeo fora fundador e primeiro presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid dende 1987". 

É por iso, que "a Asociación coa colaboración de Casa de Galicia en Madrid constituíron no ano 2001 o Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, o cal quere ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da Peregrinación creou. O Seminario abre as súas portas a cantos ámbitos de coñecemento: historia, arte, xeografía, filosofía, lexislación, enxeñaría, socioloxía, etc, poidan axudar no estudo e coñecemento do Camiño de Santiago e a peregrinación a Compostela".

No acto interviñeron, ademais de Ortiz, o enxeñeiro de Montes e subdirector xeral de Parques e Xardíns do Concello de Madrid Santiago Soria e o coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez Pérez, quen nas súas palabras de benvida explicou que "o Camiño de Santiago é interminable, que o fixemos sabémolo, son tantas as súas facetas que aínda sendo o mesmo é sempre distinto".

Pola súa banda, Santiago Soria puido fundir nesta conferencia dúas das súas afeccións máis queridas, a enxeñería de Montes e as súas vivencias "como peregrino, que fun, son e espero seguir sendo moitos anos". O relator fixo un completo percorrido visual polo Camiño con bonitas imaxes "aínda que non son as dun profesional pero "teñen o encanto de ter sido feitas por un camiñante". Pasou polas diferentes españas, con zonas húmidas e secas polas que discorre o Camiño segundo as terras. Olmos, piñeiros, salgueiros, magnolios, cedros, cipreses, chopos, aciñeiras, nogueiras, castaños e un sinfin de árbores, arbustos e plantas foron proxectados por Soria, ao tempo que foi explicando outros aspectos do Camiño, mostrando tamén igrexas, vales, ermidas, pobos, pontes, cruceiros e moitas curiosidades.

O case centenar de persoas que acudiron hoxe á Casa puideron facer o Camiño completo en pouco máis dunha hora e observar moitas das 1527 especies que o poboan.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes