Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Conferencia "A Porta máis bela que o ceo teña sobre a tierra: Nuevas investigaciones sobre el Pórtico de la Gloria", por el profesor de la Complutense Francisco Prado-Vilar

O acto enmárcase dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, organizado na Casa de Galicia pola Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid
Madrid, 26 de novembro de 2013

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolle esta semana a celebración da décimo terceira edición do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, organizado pola Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Este ciclo conta con catro relatorios a cargo de especialistas en diferentes temas relacionados co Camiño. Hoxe martes celebrouse a segunda ponencia, co título "A Porta máis bela que o ceo teña sobre a terra: Novas investigacións sobre o Pórtico da Gloria", que pronunciou o profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Prado-Vilar.
 

A presentación foi realizada polo presidente da Asociación dos Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz e nela, tras as palabras de agradecemento, expuxo algúns dos datos máis relevantes da traxectoria profesional do relator.

Francisco Prado-Vilar, licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela co premio extraordinario de licenciatura, tras o cal obtivo os títulos de máster e doutorado (PhD) pola Universidade de Harvard. Despois de ser premiado cunha bolsa post-doutoral na Universidade de Princeton, incorporouse á Society of Fellows in the Liberal Arts, centro de alta investigación interdisciplinar desta institución, onde tamén foi nomeado profesor do Consello dos Humanidades (2002-05) e do Departamento de Historia da Arte e Arquitectura (2005-06). En 2007 recibiu o nomeamento de Profesor de Cultura Visual da Universidade de Londres e membro do consello directivo do Centrefor Iberian and Latin American Visual Studies de Birkbeck (CILAVS), do que agora é asesor internacional. É membro e coordinador xeral do Comite Científico del Programa Catedral de Santiago de Compostela, encargado de supervisar tres proxectos: Restauración do Pórtico da Gloria, Conservación do conxunto mural da Capela Maior, e Reordenación dos Museos Catedralicios.

Tamén dirixe diversos proxectos e foi nomeado polo Consello de Europa membro do comité de 13 expertos encargado de designar os Selos de Patrimonio Europeo.

Nesta conferencia, Prado-Vilar, "Partindo da identificación iconográfica de diversas esculturas procedentes da fachada exterior do Pórtico da Gloria (desmontada no século XVIII para construír a actual fachada barroca), e que hoxe se encontran descontextualizadas en museos e coleccións privadas", descubriu aspectos ata agora descoñecidos da escenografía monumental que deseñou o mestre Mateo "co fin de converter á catedral de Santiago nun escenario áulico de grandes acontecementos da monarquía, e nun ámbito visionario para percibir as "marabillas celestiais" da Revelación". O relator explicou que se están a investigar as fontes do imaxinario do mestre Mateo, entre elas "algúns manuscritos iluminados da Apocalipse, que analizan como o Pórtico da Gloria xorde dunha combinación única entre o pensamento da arquitectura imaxinada e as novas tendencias da arquitectura construída dando lugar a un proxecto artístico total de vangarda que transcende os límites artificiais da historia dos estilos".

No centro desta obra está a visión do mestre Mateo, unha figura aínda enigmática sobre a que achegou novos datos para axudar a entender como concibiu o seu propio papel de creador, reflectíndose en modelos bíblicos do sapiens architectus ao servizo de Deus,".

Prado-Vilar ofreceu tamén outros datos ata agora descoñecidos sobre a obra e a figura do Mestre Mateo, como "a reconstrución completa do programa iconográfico da fachada exterior do Pórtico, coa identificación do significado e lugar orixinal de diversas esculturas que hoxe se encontran en museos e coleccións privadas", explicando o significado destas obras mestras achegando unha nova e máis completa dimensión da obra cumio da escultura medieval.

O Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, do que este ano se celebra a décimo terceira edición, completarase coa seguintes relatorios: Mañá, mércores, 27, o enxeñeiro técnico forestal e director do Centro Montes e Serradoiro de Valsaín, Javier Donés Pastor falará sobre: "Parque Nacional da Serra deGuadarrama: Fito no Camiño de Madrid a Santiago". O xoves 28. Será o bibliotecario Antonio Magariños Compaired, o encargado da clausura do ciclo co relatorio "Selección de fontes para o estudo do Camiño de Santiago". Todas elas son ás 19:00 na sala A da delegación da Xunta de Galicia en Madrid. C/Casado do Alisal, 8.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes